Con seu ben sempre ven

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Con seu ben sempre ven
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 115
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO

Con séu ben
sempre ven
en ajuda
connoçuda
de nós Santa María.

Con ajuda nos vẽe
e con sa amparança
contra o que nos tẽe
no mund' en gran balança
por toller-nos o bẽe
da mui nóbre sperança;
mas vengança
filla a Grorïosa
poderosa
del, e sempre nos guía.
Con séu ben...

Desto no tempo d' ante
achamos que fezéra
a do mui bon talante
gran maravilla féra
dũa mollér andante
mal que séu fillo déra
e poséra,
porque fora pecare,
de o dare
ao dém' en bailía.
Con séu ben...

En térra de Roma ouv' i,
com' escrit' ei achado,
un óme, com' aprendí,
bõo e muit' onrrado,
e demais, segund' oí,
riqu' e mui ben casado,
e amado
de todo-los da térra,
ca sen érr' a
sa fazenda fazía.
Con séu ben...

Est' óme e sa mollér
mui gran temp' estevéron
servindo Déus volontér
e séus fillos fezéron,
e quant' ouvéron mestér
a cada ũu déron.
Pois poséron
de tẽer castidade
e verdade
ontre si noit' e día.
Con séu ben...

Mais o dém', a que pesou
daquesto que poséran,
muitas carreiras buscou
pera o que fezéran
desfazer, e tant' andou
que, o que mantevéran,
u jouvéran
cada un en séu leito
con despeito
os meteu en folía.
Con séu ben...

Muit' ouv' o démo prazer
pois que ouve vençudo
o óm', e fez-lo erger
de séu leit' encendudo
por con sa mollér jazer.
E o que prometudo
e tẽudo
muit' éra que guardass' e
non britasse,
el ende o partía.
Con séu ben...

A mollér chorand' entôn,
a que muito pesava,
lle diss' aquesta razôn:
como o dém' andava
por britar sa profissôn;
mas que lle conssellava
e rogava
que o el non fezésse,
ca soubésse
que a Déus pesaría.
Con séu ben...

“Demais, fésta será cras
dessa Pascöa santa;
porend' en ti Satanás
non aja força tanta
que o que prometud' ás
brites, ca quen quebranta
ou s' encanta
a britar sa promessa,
lógu' en essa
óra de Déus desvía.”
Con séu ben...

O óme non quis per ren
leixar séu fól deleito,
nen catou i mal nen ben;
mais pois compriu o preito,
ela con sanna porên
diz: “O que será feito,
éu endeito
o daquí que séu seja,
sen peleja,
do démo todavía.”
Con séu ben...

Lógo bẽes dessa vez
a mollér foi encinta
dun meninno que pois fez
con pesar, sen enfinta,
por que o mui mais ca pez
negro nen que a tinta
del non quinta,
mais todo o meninno
fremosinno
depois aver devía.
Con séu ben...

Onde depois, sen mentir,
o démo de mal chẽo
aos doz' anos pedir
aquel meninno vẽo
a sa madre, sen falir,
e diss': “Ao quinzẽo
en méu sẽo
o levarei sen falla,
sen baralla
d' outre e sen perfía.”
Con séu ben...

A madre con gran pesar
e con mui gran quebranto
começou lóg' a chorar
por séu fill' e fez chanto;
e pois feze-o chamar
e disse-ll' entôn tanto:
“Ao santo
Papa que é en Roma
vai, e toma
aver por ena vía.
Con séu ben...

Ca d' atanto soon fis
que te porrá conssello
en téu mal, par San Denís.”
E o moç' en trebello
nono tev' e por París
foi; e pois no concello
no vermello
pano connoceu lógo
no meóg' o
Papa da crerezía.
Con séu ben...

E tan tóste que o viu,
a ele mantenente
foi e ben lle descobriu
séu feito, que nïente
del non leixou nen mentiu.
Mai-lo Papa Cremente
cèrtamente
lle disse: “Essa óra,
sen demóra,
te vai pera Suría;
Con séu ben...

Ca un sant' óm' i está
que end' é Patrïarca
daquela térra e á
en podê-la comarca,
e conssello te dará
bõo, se Déus me parca.
Busca barca
e vai tóst', e non chóres
nen demóres,
e faz ta romaría.”
Con séu ben...

Contaría-vos de dur
as mui grandes tormentas
que sofreu no mar de Sur
o moço, ca trezentas
millas correu sen nenllur
folgar, ou quatrocentas
ou quinentas,
sen ancóra deitaren
nen chegaren
a térra d' Armenía.
Con séu ben...

E per com' aprendí éu,
o moço, muit' aginna
chegou a el e lle déu
a carta que tiínna
e disse-ll': “Ai, sennor méu,
pola Santa Reínna,
meezinna
na mia coita pon cedo.”
E con medo
séu mal lle descobría.
Con séu ben...

O Patrïarca sen al
lle disse: “Sei que andas
con mui gran coita mortal;
mas desto que demandas,
un ermitán sei atal
que vestiduras blandas
nen vïandas
non usa terrẽaes,
senôn taes
como llas Déus envía.
Con séu ben...

E achá-lo-ás, ben sei,
ena Negra Montanna;
mais atanto te direi
que non léves companna,
ca, per com' éu apres' ei,
nona quér, e sa manna
é estranna
d' outr' óme, e sa vida
mui comprida.”
Sóo, sen companía,
Con séu ben...

O caminn' entôn colleu
o moç', e gran jornada
pois cada día prendeu,
que nunca folgou nada,
atá que ll' apareceu
a ermida sagrada
u morada
daquel religïoso
omildoso
éra, que Déus servía.
Con séu ben...

O moç' ouve gran sabor
pois entrou na capéla,
mas do ermitán maior,
que viu dentr' en sa céla,
u ll' entôn Nóstro Sennor
déu en ũ' escudéla
grand' e béla
dous paes ben do céo,
so un véo
que a toda cobría.
Con séu ben...

E o ángeo de Déus
do céo da altura
deceu ontr' os sérvos séus
en mui béla figura
e diss': “Ai, amigos méus,
porque vóssa natura
non endura
muito fame nen sede,
dous tẽede
pães.” E lógo s' ía.
Con séu ben...

Pois comeron daquel pan,
o moço sa fazenda
contou ao ermitán,
chorando sen contenda.
El diss': “A do bon talán
róga que te defenda
e comprenda
o démo e o dome,
que non tome
a ti com' el querría.
Con séu ben...

Ela seja téu solaz
até ena mannãa
que direi éu, se lle praz,
missa pela luz chãa
e comungar-t-ei en paz,
e a ta alma sãa
e certãa
será de Paraíso,
u á riso
sempre e alegría.”
Con séu ben...

O ermitán ant' a luz
as óras foi dizendo
daquel que morreu na cruz
por nós pẽas sofrendo.
O menínn' entôn ll' aduz
séus livros mui correndo,
e tremendo
disse: “Missa dizede,
e valede
me, ca tempo sería.”
Con séu ben...

De Pascoa no mes d' abril
a missa começaron;
mai-lo démo mui sotil,
el e os séus andaron
tant' a redor do covil,
que o moço fillaron
e levaron
da missa na segreda,
que mui queda
o ermitán dizía.
Con séu ben...

Com' a estórïa diz,
u dïabres levavan
o moç' e como perdiz
assí o depenavan,
viron a Emperadriz
do Céo, que dultavan,
e leixavan
o moço e fugían,
ca sabían
que llo non leixaría.
Con séu ben...

Pois que tolleu o donzél
a Virgen, com' oístes,
ao dém' e séu tropél
fezo fugir mui tristes;
mais o ermitán fïél
diss': “Ai, Déus, consentistes
ou dormistes
u mi o moço prenderon
e tolleron,
que ante mi siía?”
Con séu ben...

Como óme que se dól,
chorand' e non riíndo,
o ermitán come fól
s' ouv' a tornar pedindo
o moço; e en sa pról
estando comedindo,
foi oíndo,
u a Paz acabara,
que ll' en crara
vóz “amên” respondía.
Con séu ben...

O ermitán entôn pres
o moço pela mão,
que a Reínna cortês
lle déra livr' e são,
e disse-ll': “Amigo, ves:
éu te faço certão
ben de chão
que des oi mais és quito
do maldito
démo que te seguía.”
Con séu ben...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: