A Madre de Jesucristo o verdadeiro Messias

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar

FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • A Madre de Jesucristo o verdadeiro Messias
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 347
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

A Madre de Jesú-Cristo, o verdadeiro Messías,
póde resorgir o mórto de mui mais ca quatro días.
Desto direi un miragre que en Tudía avẽo,
e porrei-o con os outros, ond' un gran livro é chẽo,
de que fiz cantiga nóva con son méu, ca non allẽo,
que fez a que nos amóstra por ir a Déus muitas vías.
A Madre de Jesú-Cristo, o verdadeiro Messías...

Eno reino de Sevilla ũa mollér bõa éra,
en riba d' Aguadïana morava; mais pois ouvéra
marido, del neún fillo aver per ren non podéra,
per física que provasse nen per outras maestrías.
A Madre de Jesú-Cristo, o verdadeiro Messías...

E con gran coita d' avê-lo, foi fazer sa romaría
aa eigreja da Virgen santa que é en Tudía;
e des que foi i chegada, teve mui ben sa vigía
i con mui grand' omildade e non mostrand' ufanías.
A Madre de Jesú-Cristo, o verdadeiro Messías...

E os gẽollos ficados ant' o altar e chorando
estev' ant' a Virgen santa e muito lle demandando
que fill' ou filla lle désse, e prometeu-lle que quando
o ouvésse, llo levasse e tevéss' i sas vegías.
A Madre de Jesú-Cristo, o verdadeiro Messías...

Santa María séu rógo oiu daquela coitada.
E lógo con séu marido albergou, e foi prennada
e ouve del ũu fillo, con que foi mui conortada;
pero non quis a Tudía con el fazer romarías.
A Madre de Jesú-Cristo, o verdadeiro Messías...

Assí a Santa María fez aquela mollér tórto
que pesou a Jesú-Cristo; porend' o mininno mórto
foi depois ben a tres anos. Mais tal foi o desconórto,
que sandía foi sa madre por el com' outras sandías.
A Madre de Jesú-Cristo, o verdadeiro Messías...

Pois que viu séu fillo mórto, lógu' entonce na carreira
se meteu pera Tudía, dizend': “éu fui mentireira
contra ti, Madre de Cristo; mas tu que és verdadeira,
se tu quéres, dá-mio vivo, ca fazer-o poderías.”
A Madre de Jesú-Cristo, o verdadeiro Messías...

Quando chegou a Tudía e o meninno poséron
ant' o altar, lóg' a madre e séus parentes fezéron
gran dóo por el sobejo; e pois a missa disséron,
rezaron sobr' ele salmos muitos e pois ledãías.
A Madre de Jesú-Cristo, o verdadeiro Messías...

Eles aquesto fazendo, tan tóste, se Déus m' ajude,
ouve pïadade deles a Reínna de vertude
e fez viver o meninno e chorar do ataúde,
assí que os que choravan fezéron pois alegrías.
A Madre de Jesú-Cristo, o verdadeiro Messías...

E o ataúd' abriron e sacaron o mininno,
de quatro días ja mórto, são e tan fremosinno;
e pediu-lles que comesse, e déron-lle pan e vinno;
ca os séus miragres dela non son feitos d' arlotías.
A Madre de Jesú-Cristo, o verdadeiro Messías...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: