A Madre de Jesucristo vedes a quen aparece

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar

FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • A Madre de Jesucristo vedes a quen aparece
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 288
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

A Madre de Jesú-Cristo, vedes a quen aparece:
a quen o ben de séu Fillo e dela aver merece.

E dest' un mui gran miragre vos contarei mui fremoso,
que mostrou Santa María a un bon religïoso
que de lle fazer serviço sempr' éra muit' aguçoso,
e éra de bõa vid' e quite de toda sandece.
A Madre de Jesú-Cristo, vedes a quen aparece:...

El natural dũa térra foi que óra é chamada
Cantaaría per nome, viçosa e avondada;
e alí sempre fazía sa vida e sa morada,
servindo a Grorïosa que aos séus non falece.
A Madre de Jesú-Cristo, vedes a quen aparece:...

Onde foi ũa vegada que se meteu en caminno
pora veer o sepulcro en que jaz Sant' Agostinno;
e pois foi ena eigreja, deitou-se lógo festinno
ant' a capéla da Virgen que os céos escrarece.
A Madre de Jesú-Cristo, vedes a quen aparece:...

E el de noite jazendo, chegaron i muitos santos
cona Virgen grorïosa, cantando mui dulces cantos;
e tantos santos cantavan que vos non sei dizer quantos,
loand' a Santa María, séu ben e sa grãadece.
A Madre de Jesú-Cristo, vedes a quen aparece:...

E ar cantavan un vésso en que diz de com' onrradas
son as almas enos céos dos santos, e corõadas,
aqueles que as carreiras de Déus ouvéron andadas
e por el prenderon mórte que ao dém' avorrece.
A Madre de Jesú-Cristo, vedes a quen aparece:...

E as vírgẽes cantavan ben ante Santa María,
e ũa dessas donzélas contra as outras dizía:
“Amigas, mui ben cantemos ant' aquesta que nos guía,
que a sa gran fremosura mais ca o sól esprandece.”
A Madre de Jesú-Cristo, vedes a quen aparece:...

O óme bõo tod' esto viu, e déu porên loores
a Déus e pois a sa Madre, que é Sennor das sennores;
e se ben costumad' éra, outros costumes mellores
fillou dalí adeante, e en mui bõa vellece
A Madre de Jesú-Cristo, vedes a quen aparece:...

Morreu. E foi a sa alma pera Déus dereitamente,
según disse Jesú-Cristo, que nunca mentiu nen mente,
que aos que o serviren nunca lles falrrá nïente
do gran ben do paraíso, ca a eles pertẽece.
A Madre de Jesú-Cristo, vedes a quen aparece:...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: