A Reinna groriosa tant’ é de gran santidade

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar

FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • A Reinna groriosa tant’ é de gran santidade
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 67
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende do dém' e da sa maldade.

E de tal razôn com' esta un miragre contar quéro
que fezo Santa María, apósto e grand' e féro,
que non foi feito tan grande ben des lo tempo de Néro,
que emperador de Roma foi, daquela gran cidade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

Ond' avẽo que un óme mui poderos' e loução,
sisud' e fazedor d' algo, mais tant' éra bon crischão,
que tod' ele por Déus dava quanto collía en mão,
ca de todas outras cousas mais amava caridade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

E por mellor fazer esto que muit' ele cobiiçava,
un espital fezo fóra da vila u el morava,
en que pan e vinn' e carne e pescad' a todos dava,
e leitos en que jouvéssen en ivérn' e en estade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

E como quen á gran coita de comprí-lo que deseja,
ele mancebos collía ben mandados, sen peleja,
que aos póbres servissen; mais o démo con enveja
meteu-s' en un córpo mórto d' óme de mui gran beldade,
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

E vẽo pera el lógo manss' e en bon contenente,
e disse: “Sennor, querede que seja vósso sergente,
e o serviço dos póbres vos farei de bõa mente,
pois vejo que vós queredes e fazedes i bondade;
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

E sequér o méu serviço averedes en dõado.”
Quando ll' óm' oiu aquesto dizer, foi ên mui pagado;
e demais viu-o fremoso, apóst' e ben razõado,
e cuidou que non andava senôn con gran lealdade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

En esta guisa o démo chẽo de mal e arteiro
fez tanto que o bon óme o fillou por escudeiro;
e en todos séus serviços a el achava primeiro,
dizendo-lle: “Que queredes, sennor? A min o mandade.”
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

Tanto lle soub' o dïabo fazer con que lle prouguésse,
que nunca ll' ele dizía cousa que el non crevésse;
demais non avía óme que o atán ben soubésse
servir sempr' en todas cousas segundo sa voontade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

E porende lle fazía amẽude que caçasse
enas montannas mui fórtes, e eno mar que pescasse;
e muitas artes buscava per que o algur matasse,
per que ouvéss' el a alma, e outr' ouvéss' a erdade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

En tod' est' o óme bõo per ren mentes non metía,
e porên de bõa mente u ll' el consellava ía;
mais quando se levantava, ũa oraçôn dizía
da Virgen mui grorïosa, Reínna de pïedade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

E por aquest' aquel démo que ll' andava por vassalo
neún poder non avía per nulla ren de matá-lo;
e pero día nen noite non quedava de tentá-lo,
macar lle pról non avía, por mostrar sa crüeldade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

Desta guisa o bon óme, que de santidade chẽo
éra, viveu mui gran tempo, trões que un bisp' i vẽo
que foi sacar ao démo lógo as linnas do sẽo,
como vos contarei óra; e por Déus, ben m' ascuitade:
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

Aquel bispo éra óme sant' e de mui bõa vida,
e mui mais religïoso que se morass' en ermida;
e por aquesto o démo tanto temeu sa vĩida,
que disse que non podía servir por enfermidade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

Ond' avẽo que un día ambos jantando siían
e que todo-los sergentes, foras aquele, servían;
preguntou-lles o bon óme u éra; eles dizían
que i servir non vẽéra con mingua de sãidade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

Quand' aquest' oiu o bispo, preguntou-lle que óm' éra.
E ele lle contou todo, de com' a ele vẽéra
e como lle lealmente sempre serviço fezéra.
Diss' o bispo: “Venna lógo, ca de veer-l' ei soïdade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

Entôn aquel óme bõo envïou por el correndo.
Quand' esto soub' o dïabo, andou muito revolvendo,
mais pero na cima vẽo ant' eles todo tremendo;
e poi-lo catou o bispo, connoceu sa falsidade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

E diss' ao óme bõo: “Déus vos ama, ben sabiades,
que vos quis guardar do démo falss' e de sas falsidades;
e éu vos mostrarei óra com' est' óm' en que fïades
é démo sen nulla dulta, mais un pouco vos calade.”
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

E entôn diss' ao démo: “Di-me toda ta fazenda,
por que aquesta companna todo téu feito aprenda;
e éu te conjur' e mando que a digas sen contenda,
per poder de Jesú-Cristo, que é Déus en Trĩidade.”
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

Entôn começou o démo a contar de com' entrara
en córpo dun óme mórto, con que enganar cuidara
a aquel con que andava, a que sen dulta matara,
se a oraçôn non fosse da Madre de caridade:
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

“Quand' el aquesta dizía, sól non éra éu ousado
de lle fazer mal nïũu.” E pois est' ouve contado,
leixou caer aquel córpo en que éra enserrado,
e esvãeceu ant' eles, como x' éra vãidade.
A Reínna grorïosa tant' é de gran santidade...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: