A Virgen Santa Maria tant’ é de gran piedade

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar

FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • A Virgen Santa Maria tant’ é de gran piedade
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 45
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade,
que ao pecador colle por feito a voontade.

E desta guisa avẽo pouc' á a un cavaleiro
fidalgu' e rico sobejo, mas éra brav' e terreiro,
sobervios' e malcreente, que sól por Déus un dinneiro
non dava, nen polos Santos, esto sabed' en verdade. †CSM 45:6In place of sabed' Elmes has saber, which is the form found in [E] and [T]. The form sabed', which makes much more sense in the context and is used by Mettmann, comes from [To].
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

Aqueste de fazer dano sempre s' ende traballava,
e a todos séus vezinnos fería e dẽostava;
sen esto os mõesteiros e as igrejas britava,
que vergonna non avía do prïor nen do abade.
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

E todo séu cuidad' éra de destroír los mesquinnos
e de roubar os que ían seguros pelos caminnos,
e per ren non perdõav' a molléres nen a meninnos,
que s' en todo non metesse por de mui gran crüeldade.
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

E esta vida fazendo, tan brava e tan esquiva,
un día meteu ben mentes como sa alma cativa
éra chẽa de pecados e mui mais mórta ca viva,
se mercee non ll' ouvésse a comprida de bondade.
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

E, porque sempre os bõos lle davan mui gran fazfeiro
do muito mal que fazía, penssou que un mõesteiro
faría con bõa claustra, igreja e cimiteiro,
estar e enfermaría, e todo en sa erdade.
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

E des i ar cuidou lógo de meter i gran convento
de monges, se el podésse, ou cinquaenta ou cento;
e per que mui ben vivessen lles daría comprimento,
e que por Santa María servir sería i frade.
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

Tod' aquesto foi cuidando mentre siía comendo;
e poi-ll' alçaron a mesa, foi catar lógo correndo
logar en que o fezésse, e achó-o, com' aprendo,
muit' apóst' e mui viçoso, u comprís' sa caridade.
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

En este coidad' estando muit' aficad' e mui fórte,
ante que o começasse, door lo chegou a mórte;
e os démões a alma fillaron del en sa sórte,
mais los ángeos chegaron dizendo: “Estad', estade!
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

Ca non quér Santa María que a vós assí levedes.”
E disséron os dïabos: “Mais vós, que razôn avedes
d' avê-la? Ca sempr' est' óme fezo mal, como sabedes,
por que est' alma é nóssa, e allur outra buscade.”
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

Os ángeos responderon: “Mais vós folía fezéstes
en fillardes aquest' alma, mao conssell' i ouvéstes
e mui mal vos acharedes de quanto a ja tevéstes;
mais tornad' a vósso fógo e nóssa alma leixade.”
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

Os dïabos ar disséron: “Esto per ren non faremos,
ca Déus é mui justiceiro, e por esto ben sabemos
que esta alma fez óbras por que a aver devemos
toda ben enteiramente, sen terç' e sen meadade.”
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

E un dos ángeos disse: “O que vos digu' entendede:
éu sobirei ao céo, e vós aquí mi atendede, †CSM 45:48This is another case of obligatory synalepha after the unstressed pronoun mi; compare CSM 15:54, CSM 15:55, CSM 25:63 and many other examples in the Concordance.
e o que Déus mandar desto, vós entôn esso fazede;
e oi mais non vos movades nen faledes, mais calade.”
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

Depois aquestas palavras o ángeo lógo s' ía
e contou aqueste feito mui tóst' a Santa María;
ela lóg' a Jeso-Cristo aquela alma pidía,
dizend': “Ai, méu Fillo santo, aquesta alma me dade.”
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

E ele lle respondía: “Mia Madr', o que vós quisérdes
ei éu de fazer sen falla, pois vós ên sabor ouvérdes;
mais tórn' a alma no córpo, se o vós por ben tevérdes,
e faça o mõesteiro, u viva en omildade.”
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

E pois Déus est' ouve dito, un pano branco tomava,
feito ben come cogula, que ao ángeo dava,
e sôbela alma lógo o pano deitar mandava,
porque a leixass' o démo comprido de falssidade.
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

Tornou-s' o ángeo lógo; e atán tóste que viron
os dïabos a cogula, todos ant' ela fugiron;
e os ángeos correndo pós eles mal los feriron,
dizendo: “Assí perdestes o céo per neicidade.”
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

Pois que s' assí os dïabos foron dalí escarnidos
e maltreitos fèramente, dẽostados e feridos,
foron pera séu iférno, dando grandes apelidos,
dizendo aos dïabos: “Varões, oviad', oviade.”
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

Os ángeos depós esto aquela alma fillaron,
e cantando “Súrgat Dêüs” eno córpo a tornaron
daquel cavaleiro mórto, e vivo o levantaron;
e fezo séu mõesteiro, u viveu en castidade.
A Virgen Santa María tant' é de gran pïedade...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: