A Virgen mui groriosa

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar

FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • A Virgen mui groriosa
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 42
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

A Virgen mui grorïosa,
Reínna espirital,
dos que ama é ceosa,
ca non quér que façan mal.

Dest' un miragre fremoso, ond' averedes sabor,
vos direi, que fez a Virgen, Madre de Nóstro Sennor,
per que tirou de gran falla a un mui falss' amador,
que amĩude cambiava séus amores dun en al.
A Virgen mui grorïosa...

Foi en térra d' Alemanna que querían renovar
ũas gentes sa eigreja, e porên foran tirar
a majestad' ende fóra, que estava no altar,
e posérona na pórta da praça, so o portal.
A Virgen mui grorïosa...

En aquela praç' avía un prado mui verd' assaz,
en que as gentes da térra ían tẽer séu solaz
e jogavan à pelóta, que é jógo de que praz
muit' a ómẽes mancebos mais que outro jóg' atal.
A Virgen mui grorïosa...

Sobr' aquest' ũa vegada chegou i un gran tropél
de mancebos por jogaren à pelót', e un donzél
andava i namorado, e tragía séu anél
que sa amiga lle déra, que end' éra natural.
A Virgen mui grorïosa...

Este donzél, con gran medo de xe ll' o anél torcer
quando feriss' a pelóta, foi buscar u o põer
podéss'; e viu a omage tan fremosa parecer,
e foi-llo meter no dedo, dizend': “Oi mais non m' enchal
A Virgen mui grorïosa...

Daquela que éu amava, ca éu ben o jur' a Déus
que nunca tan béla cousa viron estes ollos méus;
porên daquí adeante serei éu dos sérvos téus,
e est' anél tan fremoso ti dou porend' en sinal.”
A Virgen mui grorïosa...

E os gẽollos ficados ant' ela con devoçôn,
dizendo “Ave María”, prometeu-lle lógu' entôn
que des alí adeante nunca no séu coraçôn
outra mollér ben quisésse e que lle fosse leal.
A Virgen mui grorïosa...

Pois feit' ouve sa promessa, o donzél lógo s' ergeu,
e a omagen o dedo cono anél encolleu;
e el, quando viu aquesto, tan gran pavor lle creceu
que diss' a mui grandes vózes: “Ai, Santa María, val!”
A Virgen mui grorïosa...

As gentes, quand' est' oíron, correndo chegaron i
u o donzél braadava, e el contou-lles des i
como vos ja dit' avemos; e conssellaron-ll' assí
que orden lógo fillasse de monges de Claraval.
A Virgen mui grorïosa...

Que o fezésse cuidaron lógo todos dessa vez;
mas per consello do démo ele d' outra guisa fez,
que o que el prometera aa Virgen de gran prez,
assí llo desfez da mente como desfaz agua sal.
A Virgen mui grorïosa...

E da Virgen grorïosa nunca depois se nembrou,
mas da amiga primeira outra vez se namorou,
e per prazer dos parentes lógo con ela casou
e sabor do outro mundo leixou polo terrẽal.
A Virgen mui grorïosa...

Poi-las vodas foron feitas e o día se saiu,
deitou-s' o novio primeiro e tan tóste s' adormiu;
e el dormindo, en sonnos a Santa María viu,
que o chamou mui sannuda: “Ai, méu falss' e mentiral!
A Virgen mui grorïosa...

De mi por que te partiste e fuste fillar mollér?
Mal te nembrou a sortella que me dést'; ond' á mestér
que a leixes e te vaas comigo a como quér,
se non, daquí adeante averás coita mortal.”
A Virgen mui grorïosa...

Lógo s' espertou o novio, mas pero non se quis ir;
e a Virgen grorïosa fez-lo outra vez dormir,
que viu jazer ontr' a novia e si pera os partir,
chamand' a el mui sannuda: “Mao, falsso, desleal,
A Virgen mui grorïosa...

Ves? E por que me leixaste e sól vergonna non ás?
Mas se tu méu amor quéres, daquí te levantarás,
e vai-te comigo lógo, que non espéres a cras;
erge-te daquí correndo e sal desta casa, sal!”
A Virgen mui grorïosa...

Entôn s' espertou o novio, e desto tal medo pres
que s' ergeu e foi sa vía, que non chamou dous nen tres
ómẽes que con el fossen; e per montes mais dun mes
andou, e en ũ' ermida se meteu cab' un pinnal.
A Virgen mui grorïosa...

E pois en toda sa vida, per com' éu escrit' achei,
serviu a Santa María, Madre do muit' alto Rei,
que o levou pois conssigo per com' éu creo e sei,
deste mund' a Paraíso, o reino celestïal.
A Virgen mui grorïosa...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: