A Virgen nos dá saud’ e tolle mal

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar

FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • A Virgen nos dá saud’ e tolle mal
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 91
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

A Virgen nos dá saúd' e tólle mal,
tant' á en si gran vertud' esperital.

E porên dizer-vos quéro
entr' estes miragres séus
outro mui grand' e mui féro
que esta Madre de Déus
fez, que non póden contradizer judéus
nen eréges, pero queiran dizer al.
A Virgen nos dá saúd' e tólle mal...

Aquest' avẽo en França,
non á i mui gran sazôn,
que os ómes por errança
que fezéran, déu entôn
Déus en eles por vendeita cofojôn
deste fógo que chaman de San Marçal.
A Virgen nos dá saúd' e tólle mal...

E braadand' e gemendo
fazían-s' entôn levar
a Saixôn lógo correndo
por sa saúd' i cobrar,
cuidand' en todas guisas i a sãar
pela Virgen, que aos coitados val.
A Virgen nos dá saúd' e tólle mal...

E éra de tal natura
aquel mal, com' aprendí,
que primeiro con frïúra
os fillava, e des i
queimava peior que fógo; e assí
sofrían del todos gran coita mortal.
A Virgen nos dá saúd' e tólle mal...

Ca os nembros lles caían,
e sól dormir nen comer
per nulla ren non podían
nen en séus pées s' erger,
e ante ja querrían mórtos seer
que sofrer door atán descomũal.
A Virgen nos dá saúd' e tólle mal...

Porend' ũa noit' avẽo
que lume lles pareceu
grande que do céo vẽo,
e lógu' entôn decendeu
Santa María, e a térra tremeu
quando chegou a Sennor celestïal.
A Virgen nos dá saúd' e tólle mal...

E os ómees tal medo
ouvéron, que a fugir
se fillaron, e non quedo,
mais quanto podían ir;
e ela fez lóg' os enfermos guarir
como Sennor que enas coitas non fal
A Virgen nos dá saúd' e tólle mal...

A quena chama, fïando
no séu pïadoso ben,
ca ela sempre ven quando
entende que lle convên.
Porend' a esses enfermos nulla ren
non leixou do fógo, nen sól un sinal.
A Virgen nos dá saúd' e tólle mal...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: