A Virgen que de Deus Madre éste

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar

FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • A Virgen que de Deus Madre éste
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 322
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

A Virgen, que de Déus Madre éste, Filla e crïada,
d' acorrer os pecadores sempr' está aparellada.

Ca nos non acórr' en día sinaado nen en óra,
mais sempre en todo tempo d' acorrer no-nos demóra
e punna en todas guisas como non fiquemos fóra
do reino de Déus, séu Fillo, ond' é Reínna alçada;
A Virgen, que de Déus Madre éste, Filla e crïada...

Demais sinaadamente nas grandes enfermidades
de doores e de cuitas acórre con pïadades.
E de tal razôn com' esta vos direi, se m' ascuitades,
un gran miragre que fezo esta Sennor muit' onrrada.
A Virgen, que de Déus Madre éste, Filla e crïada...

En Évora foi un óme que ena Virgen fïava
muito e que cada día a ela s' acomendava;
e avẽo-ll' ũa noite en sa casa, u cẽava,
que ouvér' a seer mórto a desóra, sen tardada.
A Virgen, que de Déus Madre éste, Filla e crïada...

Ca el gran comedor éra e metía os bocados
muit' ameúde na boca, grandes e desmesurados;
e aa noite cẽava dũus cõellos assados,
atravessou-xe-ll' un ósso na garganta, e sarrada
A Virgen, que de Déus Madre éste, Filla e crïada...

A ouve de tal maneira que cuidou ser afogado;
ca aquel ósso ll' avía o gorgomel' atapado
assí que en pouca d' óra o ouve tan fórt' inchado,
que fôlego non podía coller nen ar falar nada.
A Virgen, que de Déus Madre éste, Filla e crïada...

Assí esteve gran tempo que sól comer non podía
nen bever nengũa cousa senôn cald' ou agua fría,
atá que chegou a fésta da Virgen Santa María,
que cae no mes d' agosto, quand' ela foi corõada.
A Virgen, que de Déus Madre éste, Filla e crïada...

Entôn todos séus parentes e amigos o fillaron
e aa egreja desta nóbre Sennor o levaron,
e tẽendo-o por mórto ant' o altar o deitaron.
E tev' i aquela noite; e contra a madurgada,
A Virgen, que de Déus Madre éste, Filla e crïada...

Quand' a missa ja dizían, filló-o tosse tan fórte,
que todos cuidaron lógo que éra chegard' a mórte.
Mas a Virgen grorïosa, que dos cuitados cõórte
éste, non quis que morresse alí daquela vegada,
A Virgen, que de Déus Madre éste, Filla e crïada...

Mas guisou que en tossindo lle fez deitar mantẽente
aquel ósso pela boca, ante toda quanta gente
i estava; e tan tóste loores de bõa mente
déron a Santa María, a Madre de Déus amada.
A Virgen, que de Déus Madre éste, Filla e crïada...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: