A de que Déus pres carn' e foi dela nado

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar

FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • A de que Déus pres carn' e foi dela nado
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 267
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

Esta cantiga está repetida, bajo los números 267 y 373.

TEXTO

A de que Déus pres carn' e foi dela nado,
ben póde valer a todo periguado.

Ca per ela foi a mórte destroída
e nóssa saúde cobrada e vida,
tod' est' avemos pola Sennor comprida.
Pois un séu miragre vos direi de grado
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

Que fez esta Virgen santa e Reínna,
que é dos coitados todos meezinna;
contar-vo-lo-ei brevement' e aginna
quant' end' aprendí a quen mio á contado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

Entre Doir' e Minn' en Portugal morava
un mercador rico muito que amava
Santa María e por ela fïava,
e ena servir sempr' éra séu cuidado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

Como quér que el pelas térras mercasse,
se dõa fremos' e apósta achasse
e que pera o altar lle semellasse,
de lla aduzer éra muit' entregado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

Porque amava muito Santa María
de coraçôn, disse ca en romaría
a Rocamador de bõa ment' iría
tanto que o el podéss' aver guisado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

Assí foi que el sa nav' ouve fretada
pera ir a Frandes; e essa vegada,
pois que ouve ben sa fazenda guisada,
foi-se con quant' aver avía mercado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

Mais pela costeira do gran mar d' Espanna
ind' aquela nave con mui gran companna,
levantou-s' o mar con tormenta tamanna
que muito per foi aquel día irado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

Levantou sas ondas fórtes fèramente
sobr' aquela nave, que aquela gente
cuidou i morrer, que lógo mantenente
chorou e coidou entôn i séu pecado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

E o mercador eno bórdo da nave
estava entôn encima dũa trave,
e ũa onda vẽo fórt' e mui grave
que lle déu no peit', e no mar foi deitado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

A nav' alongada foi, se Déus me valla,
del ũa gran péça pelo mar, sen falla;
mai-lo démo, que sempre nósco traballa,
quiséra que mórres i lóg' afogado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

El andand' assí en aquela tormenta,
nembrou-se da Virgen que sempr' acrecenta
eno nósso ben; ca pero que nos tenta
o démo, non póde nósc', a Déus loado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

“Ai, Madre de Déus,” diss' el, “téu ben m' ajude,
tu que és Sennor santa de gran vertude;
pois a todo-los coitados dás saúde,
nembra-te de mi que ando tan coitado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

Sennor, por mercee non me desampares
por algũu tempo t' éu fazer pesares,
e se mi óra daquestas ondas tirares
servir-t-ei éu sempr' e farei téu mandado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

Nembra-te, Sennor, que t' ei éu prometudo
d' ir aa ta casa, est' é ben sabudo;
mas tu, dos coitados esforç' e escudo,
val-me, Sennor, ca muit' and' atormentado.”
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

El esto dizendo, lóg' a Virgen santa
vẽo, que o dém' e séus feitos quebranta;
come Sennor bõa que os séus avanta,
fóra d' ontr' as ondas o ouve tirado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

E fez entôn i gran maravilla féra,
ca tornou o mar mansso de qual ant' éra.
Se ll' el algún tempo serviço fezéra,
mui ben llo per ouv' alí gualardõado
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

E levou-o salvo a térra segura,
que sól non sentiü coita nen rancura;
esto fez a da virgĩidade pura,
que por nós viu séu Fillo crucifigado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

E ante déz días, oí por verdade,
que a nave foss' a aquela cidade
u portar avía, pola pïadade
de Santa María foi el i chegado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

E tanto que os da nav' alí chegaron,
poi-lo viron, todos se maravillaron;
e os séus entôn mui lédos per tornaron,
e contou-lles el quant' avía passado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...

E o mercador, pois se tornou de França
e foi en sa térra, sen longa tardança
a Rocamador se foi, e confïança
na Virgen sempr' ouv'. Ei-vo-lo acabado.
A de que Déus pres carn' e foi dela nado...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: