A que en nossos cantares nos chamamos fror das frores

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar

FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • A que en nossos cantares nos chamamos fror das frores
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 366
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores,
maravilloso miragre fez por ũus caçadores.

E de tal razôn com' esta ũa maravilla féra
avẽo ja en Sevilla eno tempo que i éra
el Rei, e que de Grãada de fazer guérra vẽéra
aos mouros dessa térra, que i éran moradores,
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

E outros muitos genetes que d' África i passaran;
ca todos fillaron dano dele, qual nunca fillaran,
en pães, órtas e vinnas e en quanto lles acharan.
E pois aquesto foi feito, el Rei con séus lidadores,
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

Quand' este feito fezéron, tornaron pera Sevilla.
E el Rei mui mal doente foi i a gran maravilla,
mais guariu pela mercee da que é Madre e Filla
de Déus, que o guarecera ja d' outras grandes doores.
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

E enquant' el guarecía, Don Manüél, séu irmão,
vẽo i e foi enfermo; e pois guariu e foi são,
fillou-se con séus falcões que mudara no verão
a caçar, que é dos viços do mundo un dos maiores.
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

E ind' a aquela caça, levou poucos cavaleiros,
mais levou outra gran gente de mui bõos falcõeiros
que levavan séus falcões de garça, e ar grüeiros;
mais ante que se tornasse perdeu ũu dos mellores,
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

Que se foi da outra parte d' Aguadalquivir voando,
de guisa que foi perdudo. E andárono buscando
ben préto de tres domaas e sempre apregoando,
cuidando que o achara algún desses lavradores
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

Que os achan a vegadas e os tẽen ascondudos
e os van vender a furto por non seeren connosçudos.
Porên mandou o infante que fossen apercebudos
séus falcõeiros, e lógo fillou dos mais sabedores
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

E foi con eles a caça ao Chão de Tablada,
en dereito da aldea que Coira éste chamada;
e viron da outra parte, no Exarafe, coitada
ũa ave que tragía un falcôn dos montadores
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

Por fillá-la. E tan tóste aquel falcôn connosceron
que éra o que perderan, e en el mentes meteron,
e o falcôn e a ave viron como se mergeron
e foron caer en térra. Mais os que connoscedores
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

Éran de connoscer aves, que doral éra ben viron.
E Don Manüél e todos lógo mercee pidiron
aa Virgen do gran Pórto, de que falar muit' oíron,
que se lles o falcôn désse, que de cera con loores
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

Un falcôn lle déssen feito, que mui de grado farían,
e que ena sa igreja ant' o séu altar porrían;
e pois est' ouvéron dito, chamaron quanto podían
o falcôn que lles vẽésse. Mais macar braadadores
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

Éran muito en chamá-lo, nen per siso nen per arte
sól vĩir non lles quería; ca falcôn, tra u se farte
da caça que á fillada, con medo que o enarte
o que o trage en toller-lla, punna d' aver séus sabores
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

En comer quanto mais pode. Mais Don Manüél, con manna
d' aquele falcôn avê-lo, apartou-se da companna
e chamou o mui de rijo; e maravilla estranna
foi, ca lóg' a ele vẽo en un camp' u aradores
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...

Con séus bois alí aravan. O falcôn passou aginna
de Guadalquivir o río con séu doral que tiínna
e pos-lo ant' o Infante, que loou muit' a Reínna
dos céos, Santa María, que é Sennor das sennores.
A que en nóssos cantares nós chamamos Fror das frores...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: