A que nos guarda do gran fog’ infernal

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar

FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • A que nos guarda do gran fog’ infernal
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 275
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

A que nos guarda do gran fógu' infernal
sãar-nos póde de gran ravia mortal.

Dest' en Terena fez, per com' aprendí,
miragr' a Virgen, segundo que oí
dizer a muitos que s' acertaron i,
de dous raviosos freires do Espital
A que nos guarda do gran fógu' infernal...

Que no convento soían a seer
de Moura; mas foi-lles atal mal prender
de ravia, que se fillavan a morder
come can bravo que guarda séu curral.
A que nos guarda do gran fógu' infernal...

Assí raviando fillavan-s' a travar
de si ou d' outros que podían tomar,
e por aquesto fôronos ben lïar
de lïadura fórte descomunal.
A que nos guarda do gran fógu' infernal...

E a Terena os levaron entôn,
que logar éste de mui gran devoçôn,
que os guarisse a Virgen, ca ja non
lles sabían i outro consello tal.
A que nos guarda do gran fógu' infernal...

E levando-os ambos a grand' afán,
que cada ũu mordía come can,
passaron con eles un río mui gran
d' Aguadïana, entrant' a Portogal.
A que nos guarda do gran fógu' infernal...

E o primeiro deles mentes parou
de cima dun outeiro u assomou,
des i mui longe ante si devisou
a Terena que jaz en meo dun val.
A que nos guarda do gran fógu' infernal...

E disse lógo como vos éu direi:
“Soltade-me, ca ja éu ravia non ei,
ca vejo Santa María, e ben sei
que ela me guariu mui ben deste mal.
A que nos guarda do gran fógu' infernal...

Mais agua me dade que beva, por Déus,
ca a Virgen, que sempr' acórr' aos séus,
me guariu óra, non catand' aos méus
pecados que fiz come mui desleal.”
A que nos guarda do gran fógu' infernal...

O outro diss' esto meesmo pois viu
e eigreja, ca lógo se ben sentiu
da ravia são, e agua lles pediu,
e déron-lla dũa fonte peranal.
A que nos guarda do gran fógu' infernal...

E pois beveron, ar fillaron-s' a ir
dereitament' a Terena por comprir
sa romaría; e porque os guarir
fora a Virgen, déron i por sinal
A que nos guarda do gran fógu' infernal...

Cada un deles desso que s' atreveu
de séu aver, que eno logar meteu;
e des i cada un deles acendeu
ant' o altar da Virgen séu estadal.
A que nos guarda do gran fógu' infernal...

Este miragre mostrou aquela vez
Santa María, que muitos outros fez
como Sennor mui nóbr' e de mui gran prez
que sempr' acórre con séu ben e non fal.
A que nos guarda do gran fógu' infernal...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: