A que por nos salvar fezo Deus Madr’ e Filla

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar

FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • A que por nos salvar fezo Deus Madr’ e Filla
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 169
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

A que por nos salvar
fezo Déus Madr' e Filla,
se se de nós onrrar
quér non é maravilla.

E daquest' un miragre direi grande, que vi
des que mi Déus déu Murça, e oí outrossí
dizer a muitos mouros que moravan ant' i
e tiínnan a térra por nóssa pecadilla,
A que por nos salvar...

Dũa eigrej' antiga, de que sempr' acordar
s' ían, que alí fora da Reínna sen par
dentro na Arreixaca, e ían i orar
genoeses, pisãos e outros de Cezilla.
A que por nos salvar...

E davan sas ofértas, e se de coraçôn
aa Virgen rogavan, lógo sa oraçôn
deles éra oída, e sempre d' oqueijôn
e de mal os guardava; ca o que ela filla
A que por nos salvar...

Por guardar, é guardado. E porende poder
non ouvéron os mouros per ren de mal fazer
en aquel logar santo, nen de o ên toller,
macar que xo, tiínnan ensserrad' en sa pilla.
A que por nos salvar...

E pero muitas vezes me rogavan porên
que o fazer mandasse, mostrando-mi que ben
éra que o fezésse, depois per nulla ren,
macar llo acordaron, non valeu ũa billa.
A que por nos salvar...

E depois a gran tempo avẽo outra vez,
quand' el Rei d' Aragô(o)n, Don James de gran prez,
a eigreja da Sée da gran mezquita fez,
quando s' alçaron mouros des Murç' atá Sevilla;
A que por nos salvar...

Que entôn a Aljama lle vẽéron pedir
que aquela eigreja fezéssen destroír
que n' Arraixaca éra; e macar consentir
o foi el, non podéron nen tanger en cravilla.
A que por nos salvar...

Depois aquest' avẽo, que fui a Murça éu,
e o mais d' Arreixaca a Aljama mi déu
que tolless' a eigreja d' ontr' eles; mas mui gréu
me foi, ca éra toda de nóvo pintadilla.
A que por nos salvar...

Porên muit' a envidos entôn llo outorguei,
e toda a Aljama foi ao mouro rei
que o fazer mandasse; mas diss' el: “Non farei,
ca os que Marïame desama, mal os trilla.”
A que por nos salvar...

Depois, quand' Aboíuçaf, o sennor de Çalé,
passou con mui gran gente, aquesto verdad' é
que cuidaron os mouros, por eixalçar sa fé,
gãar Murça per arte. Mais sa falss' armadilla
A que por nos salvar...

Desfez a Virgen santa, que os ende sacou,
que ena Arraixaca poucos deles leixou;
e a súa eigreja assí deles livrou,
ca os que mal quér ela, ben assí os eixilla.
A que por nos salvar...

E porend' a eigreja súa quita é ja,
que nunca Mafométe poder i averá;
ca a conquereu ela e demais conquerrá
Espanna e Marrócos, e Céta e Arcilla.
A que por nos salvar...

XTO ==

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: