Aquel podedes jurar que é ben de mal guardado

De Cancioneros Musicales Españoles
Revisión del 10:57 3 ene 2015 de Elalguacil (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Aquel podedes jurar que é ben de mal guardado
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 135
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

Aquel podedes jurar
que é ben de mal guardado
o que a Virgen fillar
vai por séu acomendado.

Desto vos quéro dizer,
per com' oí retraer,
un miragre, ond' aver
podedes gran gasallado
des que fordes entender
o que a Virgen fazer
e mostrar foi no condado
Aquel podedes jurar...

De Bretanna a Mẽor
por dous que se grand' amor
avían e gran sabor
de viveren sen pecado;
onde foi ajudador
esta Madre do Sennor,
cuj' é do Cé' o reinado.
Aquel podedes jurar...

Estes de que fal' aquí
moç' e moça, com' oí,
foron e, com' aprendí,
cada un deles crïado
foi cono outr'; e des i
est' amor poséron i
u moravan, e jurado
Aquel podedes jurar...

Foi pela Madre de Déus,
assí que ambos por séus
ficaron, amigos méus.
E pois esto foi firmado,
séus padres, maos encréus
do que mataron judéus,
partíronos mal séu grado.
Aquel podedes jurar...

Ca o padre del fez ir
o fill' e dela partir;
e a moça foi pedir
un ric-óme muit' onrrado
por mollér. E quen cousir
quan changido espedir
foi o deles e chorado,
Aquel podedes jurar...

Gran dóo aver pód' ên.
Mas estes dous, que gran ben
se querían mais d' al ren,
foi ontr' eles ordinnado
que se lles falass' alguên
en casar, per nïún sen
sól non lle foss' outorgado.
Aquel podedes jurar...

Mas o padr' entôn fillou
sa filla e a casou
con outr' óme que achou
rico e muit' avondado,
a que a moça contou
séu feito como passou;
e pois llo ouv' ascuitado,
Aquel podedes jurar...

Diss': “Amig', assí farei
que cras con vósco m' irei
e atanto buscarei
aquel que foi esposado
vósco, que o acharei,
e lógo vo-lle darei
por aver a Déus pagado.”
Aquel podedes jurar...

Lóg' outro día sen al
se foron; e en un val
aqué o ric-óme sal
que cuidara seer casado
con ela, que mui mortal
querí' a séu padre mal.
E fez come óm' irado;
Aquel podedes jurar...

Ca lóg' ambo-los prendeu
e el en cárcel meteu,
e pois que anoiteceu
con ela séu gasallado
quis aver; mas faleceu
i, ca lóg' adormeceu.
Ben tro eno sól levado
Aquel podedes jurar...

Dormiu e abriu entôn
os ollos, e sa razôn
la menínn', e en bon son,
disse: “E non é guisado
de me forçardes vós, non,
ca à Virgen dei en don
méu córpo, temp' á passado.
Aquel podedes jurar...

Porên nunca mi averá
érg' a quen m' ela dará;
e vós, quitade-vos ja
d' irdes contra séu mandado,
mais levade-m' acolá
u ést' o que seerá
méu marid' e méu amado.”
Aquel podedes jurar...

Quand' est' oiu, “a la fé”,
diss' el, “éu irei u é
aquel, e este que sé
aquí ben enferrollado
farei soltar.” E en pé
se levou e diss': “Aqué
m' estou tod' aprestidado
Aquel podedes jurar...

De lógu' ir.” E diss' “ai, fól”,
a un séu óme, “vai, tól
ll' os férros a est' e pról
será minna que livrado
seja; e quant' ũa cól
do séu non filles, ca sól
por tanto serás rastrado.”
Aquel podedes jurar...

Outro día ant' a luz,
en un cavalo de Çuz
que corre mais que estruz,
no caminno foi entrado,
dizend': “Ai, Déus que en cruz
morreste, mui ced' aduz
nos u aquel ben-fadado
Aquel podedes jurar...

E, que aja com' el quér
esta moça por mollér.”
E tan tóst' a Monpeslér
chegaron e i achado
o ouvéron, e dissér-
ron-lle que ll' éra mestér
de ser lóg' aparellado
Aquel podedes jurar...

De casar con Don' Alís,
pois Santa María quis.
E fezérono ben fis
que nunca mais destorvado
fosse per eles, e gris
e pano vermell' e bis
ouvésse lógo comprado.
Aquel podedes jurar...

Pois os dous ben de raíz,
segund' este conto diz
e dissémos, a Fiíz
ouvéron todo contado,
graças à Emperadriz,
ond' éu este cantar fiz,
déron muitas e de grado.
Aquel podedes jurar...

E lógo tóst' e vïaz
fezéron vodas assaz
onrradas e muit' en paz;
e pois ouvéron jantado,
o novio fez como faz
novio a novia en solaz;
e assí foi acabado.
Aquel podedes jurar...



MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: