Bẽeito foi o dia

De Cancioneros Musicales Españoles
Revisión del 09:32 4 ene 2015 de Elalguacil (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Bẽeito foi o dia
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 411
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

Bẽeito foi o día e benaventurada
a óra que a Virgen Madre de Déus, foi nada.

E daquesta nacença falou muit' Isaía,
e profetando disse que árvor saïría
ben de raíz de Jésse, e que tal fror faría
que do Sant' Espírito de Déus fosse morada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Outros profetas muitos daquesto profetaron,
e os Evangelistas desta Sennor falaron
com' éra de gran guisa, e dos Reis ar contaron
do linaj' onde viínna esta Sennor onrrada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Mas pero de séu padre, que Joaquín chamado
foi, e sa madre Ana, direi-vos séu estado:
quanto no mund' ouvéron partiron per recado
que de quanto avían non lles ficava nada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Ca Joaquín e Ana tal acórdo preséron,
que fezéron tres partes de quant' aver ouvéron;
a ũa pera póbres, a outra retevéron
pera si, a terceira ao templ' éra dada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Enquant' esta companna santa assí obrava,
Déus toda-las sas cousas dous tant' acrecentava;
mais non lles dava fillo, por que coitad' andava
muit' end' ele; mas ela éra ên mais coitada,
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Porque os rezõavan por malditos as gentes.
E porên fillou ele ofértas e presentes
que levass' ao templo con outros séus parentes;
mas Rubên e Simeôn vedaron-ll' a entrada,
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Que lle disséron lógo: “D' aquí entrar és quito,
Joaquín; porên vai-te, pois de Déus és maldito,
que te non quis dar fillo, ca assí é escrito;
porend' entrar non deves en casa tan sagrada.”
Bẽeito foi o día e benaventurada...

El ouve dest' embargo e vergonna tamanna,
que non foi a sa casa, neno viu sa companna;
mais fillou séus gãados e foi-s' aa montanna,
assí que por gran tempo non fez alí tornada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Ana, quando viu esto, ouvo tan gran despeito
que con coita chorando se deitou en séu leito
e de grado morrera; mas non ll' ouve proveito,
ca Déus pera gran cousa xa tiínna guardada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

E alí u jazía gemend' e sospirando
e sa desaventura a Déus muit' ementando
de que éra sen fillos de Joaquín, chorando,
quis Déus que do séu ángeo foss' ela confortada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

E disse-lle: “Non temas, Ana, ca Déus oída
a ta oraçôn ouve; e porên sen falida
de téu marido filla averás, que comprida
será de todos bẽes mais d' outra e preçada.”
Bẽeito foi o día e benaventurada...

E pois ll' est' ouve dito, foi-s' o ángeo lógo
a Joaquín, que éra metudo no meógo
dũas grandes montannas, e disse-ll': “éu te rógo
que tórnes a ta casa lógo sen alongada.”
Bẽeito foi o día e benaventurada...

El, cuidando que éra óme, respôs-ll' atanto:
“Com' irei a mia térra u recebí quebranto
grand' entre méus vezinnos, que éu, palo Déus santo,
quiséra que a tésta me foss' ante tallada?
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Ca à pórta do templo disséron-mi os porteiros,
pois non avía fillos como méus companneiros,
non entraría dentro, nen aves nen cordeiros
nen ren de mia oférta non sería fillada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

E por esta vergonna e por este dẽosto
fogí a esta térra, e ei ja assí posto
que nunca alá tórne; e eno mes d' agosto
averá ben seis meses que fiz aquí estada
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Entr' aquestas montannas, que é térra esquiva,
con estes méus gãados; ca mais me val que viva
en logar apartado, que vida mui cativa
fazer entre mias gentes, vergonnos' e viltada.”
Bẽeito foi o día e benaventurada...

O ángeo lle disse: “éu soon mandadeiro
a ti de Déus do céo por te fazer certeiro
que de ta mollér Ana averás tal erdeiro
per que toda a térra será enlumẽada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

E se esto que digo tẽes por maravilla,
certãamente cree que te dará Déus filla,
que o que perdeu Éva per sa gran pecadilla
cobrar-s-á per aquesta, que será avogada
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Entre Déus e as gentes que foren pecadores.
Porên vai-te ta vía e leixa téus pastores
que guarden téus gãados; ca muito son maiores
de Déus as sas mercees ca ren que foss' osmada.”
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Quanto Joaquín esto oiu, lógu' esmorido
caeu e jouv' en térra fóra de séu sentido,
atẽes que o ángeo foï dalí partido,
que séus ómes o foron erger sen detardada
Bẽeito foi o día e benaventurada...

E que lle preguntaron lógo o que ouvéra,
que tal péça en térra esmorido jouvéra.
E el contou-lles quant' o ángeo lle disséra;
e eles lle disséron: “De vós ir é guisada
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Cousa, e non passedes de Déus séu mandamento,
e id' a vóssa casa lógo sen tardamento;
ca se o non fezérdes, quiçai por escarmento
vos dará Déus tal mórte que será mui sõada.”
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Tanto ll' esto mostraron e per tantas razões,
que lles respôs chorando: “Pois que vos praz, varões,
farei vósso consello; mais, por Déus, compannões,
guardade-mi os gãados en aquesta mallada.”
Bẽeito foi o día e benaventurada...

E pois lles esto disse, meteu-s' aa carreira
por s' ir pera sa casa veer sa companneira,
que o bẽeito ángeo fezéra ja certeira
que Joaquín verría pela pórta dourada,
Bẽeito foi o día e benaventurada...

E que a el saísse recebê-lo aginna;
ca Déus enas sas coitas porría meezinna
e lle daría filla dele tal que Reínna
sería deste mundo e dos céos chamada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Quand' aquest' oiu Ana, que jazía gemendo
e sospirand', ergeu-se e foi alá correndo,
e levou séus parentes sigo, com' éu aprendo,
ben como se ouvéss' a casar outra vegada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

E pois viu séu marido, obridou séus pesares
e con muitas saúdes e muitos abraçares
o acolleu mui léda, e pois muitos manjares
lle guisou, e sa casa mui ben encortinnada,
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Na qual aquela noite, est' é cousa sabuda,
foi na bẽeita Ana, a Virgen concebuda,
a que pelos profetas nos fora prometuda
ante que esto fosse mui gran sazôn passada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

E lógo que foi viva no córpo de sa madre,
foi quita do pecado que Adán, nósso padre,
fezéra per consello daquel que, pero ladre
por nos levar consigo, a pórta ll' é serrada
Bẽeito foi o día e benaventurada...

Do inférno. Ca esta lle pos a serradura
e abriu paraíso, que per malaventura
serrou nóssa madr' Éva, que con mui gran loucura
comeu daquela fruita que Déus ll' ouve vedada.
Bẽeito foi o día e benaventurada...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: