Ben pod’ as cousas feas fremosas tornar

De Cancioneros Musicales Españoles
Revisión del 09:07 4 ene 2015 de Elalguacil (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Ben pod’ as cousas feas fremosas tornar
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 73
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

Ben pód' as cousas feas fremosas tornar
a que pód' os pecados das almas lavar.

E dest' un miragre fremoso vos direi
que avẽo na Clusa, com' escrit' achei,
que fez Santa María; e creo e sei
que mostrou outros muitos en aquel lugar.
Ben pód' as cousas feas fremosas tornar...

De monjes gran convento éran i entôn
que servían a Virgen mui de coraçôn;
un tesoureir' i éra aquela sazôn,
que Santa María sabía muit' amar.
Ben pód' as cousas feas fremosas tornar...

E quando algũa cousa ll' ía falir,
lóg' a Santa María o ía pedir,
e ela llo dava; porend' ena servir
éra todo séu sis' e todo séu coidar.
Ben pód' as cousas feas fremosas tornar...

Onde ll' avẽo que na fésta de Natal,
que dizían os monges missa matinal,
fillou ũa casula de branco cendal
pola ir põer entôn sôbelo altar.
Ben pód' as cousas feas fremosas tornar...

E fillou na outra mão, com' aprendí,
vinno con que fezéssen sacrifiç' alí;
e indo na carreira avẽo-ll' assí
que ouv' en ũa pédra a entrepeçar.
Ben pód' as cousas feas fremosas tornar...

E avẽo-ll' assí que quand' entrepeçou,
que do vinno sôbrela casula 'ntornou,
que éra mui vermello; e tal la parou
como se sangue fresco fossen i deitar.
Ben pód' as cousas feas fremosas tornar...

E aquel vinn' éra de vermella coor
e espessa tan muito que nïún tintor
vermello non podería fazer mellor,
e u caía nono podían tirar.
Ben pód' as cousas feas fremosas tornar...

Quando viu o monj' esto, pesou-lle tant' ên
que per poucas ouvéra de perder o sen,
e diss' entôn: “Ai, Madre do que nos mantên,
E non me leixes en tal vergonna caer
com' esta, ca ja nunca, enquant' éu viver,
Virgen Santa María, e ven-mi ajudar.
Ben pód' as cousas feas fremosas tornar...

non ousarei ant' o abad' aparecer,
nen u for o convento ousarei entrar.”
Ben pód' as cousas feas fremosas tornar...

Esto dizend' e chorando muito dos séus
ollos, acorreu-lle lóg' a Madre de Déus
e fez tal vertude, per que muitos roméus
vẽéron de mui lonj' a casul' aorar.
Ben pód' as cousas feas fremosas tornar...

Ca u vermella éra, tan branca a fez
que o non fora tanto da primeira vez.
Porên Santa María, Sennor de gran prez,
loaron quantos oíron desto falar.
Ben pód' as cousas feas fremosas tornar...



MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: