Com’ é mui bõ’ a creença do que non vee om’ e cree

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Com’ é mui bõ’ a creença do que non vee om’ e cree
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 297
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO

Com' é mui bõ' a creença do que non vee óm' e cree,
ben assí é mal creente de non creer o que vee.

Dest' un fremoso miragre vos róg' óra que ouçades,
e des que o entenderdes fará-vos que ben creades
en Déus e ena sa Madre, per que séu amor ajades,
o que nunca aver pude quen en eles ben non cree.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee óm' e cree...

E porên creer devemos que Déus comprida vertude
éste e que del os santos la an per que den saúde
a aqueles que o creen; e porên, se Déus m' ajude,
mui cégu' é d' entendimento o que aquesto non vee.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee óm' e cree...

E pois a sa gran vertude assí ést' aparellada
d' obrar en aquela cousa que acha enderençada
pera a receber lógo, esto razôn é provada
que na omagen vertude acha o que o ben cree.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee óm' e cree...

Ca ben com' a cousa viva recebe por asperança
vertude, sól que a creen, ben assí por semellança
a recebe o omagen mantenente sen tardança
daquel de que é fegura, macar óm' a el non vee.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee óm' e cree...

Onde foi ũa vegada que un rei sigo tragía
ũa omagen mui béla da Virgen Santa María,
por que Déus muitos miragres demostrava cada día,
en que foi travar un falsso frade que en Déus non cree,
Com' é mui bõ' a creença do que non vee óm' e cree...

Dizendo: “Muito per tenno que é óme sen recado
o que cree que vertude á no madeir' entallado
que non fala nen se móve, est' é ben sandeu provado,
e tenno que é mui cégo o que aquesto non vee.”
Com' é mui bõ' a creença do que non vee óm' e cree...

Quand' el diss' esta paravla, mui préto del Rei estava,
que todas estas sandeces que dizía ascuitava;
e demais contra un frade, séu compannôn, se tornava
dizendo: “Este rei tenno que enos ídolos cree.”
Com' é mui bõ' a creença do que non vee óm' e cree...

Quand' o frad' aquesto disse, tornouss' el Rei mui sannudo
e diss' aos que estavan ant' el: “Muit' é atrevudo
e sandeu aqueste frade, e tenno-o por perdudo,
ca non vee ben dos ollos, mas pelo toutiço vee.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee óm' e cree...

E des oi mais sa fazenda nunca irá adeante,
ante tornará a rédr', e sempre será malandante;
e a Virgen grorïosa non querrá que s' el avante
daquesto que el á dito, pois que en ela descree.”
Com' é mui bõ' a creença do que non vee óm' e cree...

Tod' aquest' assí avẽo: ca sempre fez sa fazenda
mui mal aquel frade falsso, ca foi louco sen contenda
sempre dalí adeante, e Déus quis fillar emenda
del por si e por sa Madre come d' óme que non cree.
Com' é mui bõ' a creença do que non vee óm' e cree...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: