Como pod’ a Groriosa mui ben enfermos sãar

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Como pod’ a Groriosa mui ben enfermos sãar
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 53
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO

Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar,
assí aos que non saben póde todo saber dar.

E de tal ja end' avẽo un miragre que dizer
vos quér' óra, que a Virgen quis grand' en Seixôn fazer,
dun meninno pegureiro, a que os pées arder
começaron daquel fógo que salvaj' ouço chamar.
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

Séu padre del éra mórto; mas ũa póbre mollér
sa madr' éra que fïava a lãa mui volontér,
per que s' ambos governavan; mas quen m' ascoitar quisér,
direi-ll' éu de com' a Virgen quis no meninno mostrar.
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

Aquel fóg' ao mininno tan fèramente coitou
que a per poucas dos pées os dedos non lle queimou;
e a madre mui coitada pera Seixôn o levou
e chorando mui de rijo, o pos ben ant' o altar.
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

Tod' essa noite vigía tev'; e lógo guareceu
o meninno en tal guisa que andou ben e correu,
des i foi-se con sa madre; mas atal amor colleu
daquel logar u sãara, que se quis lógu' i tornar.
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

Depois a cabo dun ano lle rogou que o alí
tornass', e non quis la madre; e ele lle diss' assí:
“Se non quisérdes, o fógo sei éu que verná a mi
e que vos pes m' averedes eno cól' a soportar.”
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

Dizend' aquest' o meninno, o fógu' en el salto déu,
e travou lógu' en sa madre, dizendo: “Ai éu, ai éu!”
E ela o en séu cólo fillou, com' aprendí éu,
e a Seixôn de caminno começou tóste d' andar.
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

E pois entrou na eigreja, ant' o altar sen falir
o pos; e lóg' o meninno se fillou ben a dormir,
e viu en vijôn a Madre de Déus, que o foi guarir,
e séu fillo Jeso-Cristo, a que ela presentar
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

A alma en Paraíso foi dele. E alá viu
que a Virgen a séu Fillo mercee por el pediu
e por todo-los da térra de Seixôn, e ben sentiu
que por séu rógo do fógo os quis Déus todos livrar.
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

E oiu mais que a Virgen diss' a Déus esta razôn:
“Fillo, esta mia capéla que é tan póbr' en Seixôn,
fas tu que seja ben feita.” E el lle respôs entôn:
“Madr', éu farei i as gentes vĩir ben dalend' o mar
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

E de muitas outras térras, que darán aver assaz,
ca todo quanto demandas e quéres, todo me praz;
e que éu faça téu rógo, aquest' en dereito jaz,
ca fillo por bõa madre fazer dev' o que mandar.”
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

Quand' esto viu o meninno no Céo, foi-lli tal ben
que quant' al depois viía sól nono preçava ren;
ca o Espírito Santo pos en el atán gran sen
que as Escrituras soube, e latín mui ben falar.
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

E quanto no Testamento Védro e no Nóvo sé
escrito mui ben sabía, e mui mais, per bõa fé;
e dizía aas gentes: “De Santa María é
prazer que esta igreja façades mui ben obrar.
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

E por que cértos sejades que tod' est' e mui mais sei,
mostrade-mi as Escrituras, ca éu as espranarei;
demais, d' oj' a trinta días sabiades que morrerei,
ca a que me mostrou esto me quér consigo levar.”
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

Todos quantos est' oíron déron graças e loor
aa Virgen grorïosa, Madre de Nóstro Sennor;
e acharon en verdade quanto diss' aquel pastor,
e começaron tan tóste na eigreja de lavrar.
Como pód' a Grorïosa mui ben enfermos sãar...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: