Como quer que gran poder á o dem’ en fazer mal

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Como quer que gran poder á o dem’ en fazer mal
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 197
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO

Como quér que gran poder
á o dém' en fazer mal,
maior l' á en ben fazer
a Reínna spirital.

Ca se el algún poder á de os ómees matar
pelos pecados que fazen, e o quér Déus endurar,
mui maior poder sa Madre á en os ressucitar;
e porend' un gran miragre vos direi de razôn tal.
Como quér que gran poder...

En un logar que Os Combres chamad' é, que préto jaz
de Xerez de Badallouço, ouv' i un óme de paz
mui rico, que séus gãados avía e pan assaz,
e est' un séu fill' avía que amava mui mais d' al.
Como quér que gran poder...

E porque aquel séu fillo amava mais d' outra ren,
mandou-lle que séus gãados fillass' e guardasse ben
e con despeito daquest' o fillou o démo porên,
mais dest' a madr' e o padre avían coita mortal.
Como quér que gran poder...

Ca tan fórte o fillava o démo, com' aprendí,
cinc' ou seis vezes no día, ou séte, per com' oí;
mais ũa vez atán fórte o fillou, que ben alí
u estava afogou-o, e morreu, u non ouv' al.
Como quér que gran poder...

Mas séu padr' e séus parentes fezéron dóo entôn
por el mui grand' e mui féro, chorando de coraçôn,
e un séu irmão disse: “Oíde-m' ũa razôn,
ca tenno que o terredes por conssello mui leal:
Como quér que gran poder...

Méu irmão prometera por en romaría ir
a Terena, mais non quiso Déus que o fosse comprir;
mais éu, porque ele seja perdõado, sen falir
irei alá de bon grado e farei este jornal.
Como quér que gran poder...

Mais ficad' ant' os gẽollos e aa Madre de Déus
rogade que lle perdõe todo-los pecados séus,
e éu promet' a sa óbra déz daquestes pórcos méus,
en tal que por ele rógue a Sennor que pód' e val.”
Como quér que gran poder...

Por rógo da Virgen Madre Déus sa oraçôn oiu,
e o que jazía mórto atán tóste resurgiu,
e des alí adeante daquel mal ren non sentiu;
esto fez Santa María, que aas coitas non fal.
Como quér que gran poder...

Outro día madurgada pera Terena fillou
o caminn', e séu irmão nunca se dele quitou;
e pois foi ena eigreja, aqueste feito contou
todo como ll' avẽéra, e séu don déron i qual
Como quér que gran poder...

Ante prometud' avían. E porên todos loor
déron a Santa María, Madre de Nóstro Sennor,
porque resurgiu de mórte o que o démo maior
matou, e desfez séu feito como a agua o sal.
Como quér que gran poder...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: