Como somos per consello do demo perdudos

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Como somos per consello do demo perdudos
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 119
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO

Como somos per conssello do démo perdudos,
assí somos pelo da Virgen tóst' acorrudos.

Desto direi un miragre, onde gran façanna
fillaredes, que a Virgen fezo en Espanna
dun óme que de dïabos ũa gran companna
levavan pera pẽaren con os descreúdos.
Como somos per conssello do démo perdudos...

Este sobrejoíz éra dũa vila bõa
en que viçosa tiínna muito sa pessõa,
mui gran mannãa jantando e cẽand' a nõa,
e grandes dões fillava, ca non dos mïúdos.
Como somos per conssello do démo perdudos...

Este mui bon pan comía sempr' e bõos vinnos
bevía, mais non usava muit' andar caminnos
pera prender os ladrões; pero os mesquinnos
prendía, e por el éran mui mal remeúdos.
Como somos per conssello do démo perdudos...

El un di' assí estando que jantar quería
con outros que convidados ouv' en aquel día,
oiu como de peleja ou de gran perfía
grandes vózes e braados fórtes e agudos,
Como somos per conssello do démo perdudos...

E dizend': “Aginn', aginna, mui tóste fillade
aquel óme e da vila longe o levade.”
El, cuidando que peleja éra de verdade,
mandou fillar a séus ómees lanças e escudos,
Como somos per conssello do démo perdudos...

E el saiu dos primeiros partí-la peleja,
dizendo: “Por Déus, varões, non seja, non seja!”
Mas tan tóste de dïabos companna sobeja
o fillaron, ũus negros e outros cornudos.
Como somos per conssello do démo perdudos...

E mantenente da vila o poséron fóra
sobr' un poço fond' e negro mais que ũa móra,
e quisérono deitar en ele essa óra
con outros, que pouc' avía éran i metudos.
Como somos per conssello do démo perdudos...

E aquel poço fervía ben come caldeira,
ond' el espantad' estava de maa maneira.
En esto chegou a Virgen Santa verdadeira,
dizendo: “Leixad' est' óme, maos atrevudos.”
Como somos per conssello do démo perdudos...

Eles, quand' aquest' oíron, fugiron, aginna
e leixaron aquel óm' aa Santa Reínna,
que lle déu lógo consello ben qual conviínna,
ca os séus non quér ela que sejan cofondudos.
Como somos per conssello do démo perdudos...

Ca pero el de justiça mui pouca fezéra,
sempre en Santa María esperanç' ouvéra;
e porende o livrou daquela coita féra,
dizend': “Atán tóste sejan per ti connoçudos
Como somos per conssello do démo perdudos...

Téus pecados, e filla deles gran pẽedença
e en pagar o que deves mete ta femença,
e en méu Fill' e en mi ave ben ta creença
e faz come os que están sempr' apercebudos.
Como somos per conssello do démo perdudos...

Ca sabe que mais dun día non será ta vida;
porên faz que, pois ta alma for de ti partida
que lógo sen estardança pera Déus sa ida
faça, e que os santos non lle sejan sannudos.”
Como somos per conssello do démo perdudos...

Poi-l' aquesto diss' a Virgen, en un mui bél chão
o leixou. E ele tornou-se lógo de mão
a sa casa, e envïou polo guardïão
e fillou del pẽedença dos érros sabudos;
Como somos per conssello do démo perdudos...

E null' óme mais coitado non foi queno visse.
E outro día morreu como ll' a Virgen disse;
e u quis Déus que ll' a alma do córpo saísse,
os ángeos a levaron nóbres e temudos.
Como somos per conssello do démo perdudos...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: