Con dereit’ a Virgen santa á nome strela do dia

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Con dereit’ a Virgen santa á nome strela do dia
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 325
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día,
ca assí pelo mar grande come pela térra guía.

Ca a que nos abr' os braços e o inférno nos sérra,
tan ben faz pelo mar vías come pela chãa térra;
e quen aquesto non cree maravillosament' érra
e de Déus en nïún tempo perdôn aver non devía.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

E de tal razôn com' esta direi mui maravilloso
miragre que fez a Virgen, e d' oír mui saboroso;
e quen parar i ben mentes terrá-o por pïadoso
e averá mais fïança eno séu ben todavía.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

Na térra d' África ouve en Tánjar ũa cativa
mollér a que davan pẽa cada día muit' esquiva
con pouco pan e mui mao, e mui mais mórta ca viva
éra, se lle non valvésse a Virgen Santa María.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

Aquesta natural éra do gran reino de Sevilla,
dun logar en que miragres faz a de Déus Madr' e Filla,
que Tudía é chamado; e d' oír a maravilla
que avẽo deste feito muito m' ende prazería.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

Esta con outra cativa jazían en prijôn fórte
dũa moura que o démo fillou pera si en sórte,
que enfermidade grande adusse mui tóst' a mórte;
mais enante que morresse amba-las chamar fazía.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

E conssellou-lles que fossen mouras e crischãidade
leixassen, e fossen fóra daquela catividade,
e lles faría grand' algo e dar-lles-ía erdade,
e que con mouros mui ricos a ambas casá-las faría.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

E se fazer non quiséssen esto, lógo nas cadẽas
ambas metê-las faría e dar-lles tan grandes pẽas
que lles non ficassen sãos coiros nen nervos nen vẽas,
e demais, sobre tod' esto, escabeçá-las faría.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

A ũa disse con medo que o faría de grado;
mais a outra mui sannuda disse: “Sól non é penssado,
ca mia alma e méu córpo todo ei acomendado
aa eigreja da Madre de Déus que é en Tudía.”
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

A moura con mui gran sanna mandou-as lógu' essa óra
no cárcer deitar ontrambas; mais aquela sen demóra
adormeceu, e a Virgen lle disse: “Sal acá fóra
deste logar e trei migo, ca éu te porrei na vía.”
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

Pois a cativa espérta foi, achou-s' en un caminno
ancho e chão, sen pédras, e andou-o mui festinno,
que pan non comeu bocado nen beveu agua nen vinno,
atá que préto de Silve foi quando aluzecía.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

E ascuitou ũa péça e oiu falar os mouros
que ían cavar as vinnas, deles brancos, deles louros;
e oiu mogir as vacas e oiu brüiar os touros,
e diss': “En térra de Tánjar me sõo como soía.”
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

A pouco rato pois esto viu gran péça de crischãos
que ían veer sas vinnas, todos sas lanças nas mãos;
e entendeu que séus sonnos non foron falssos nen vãos,
mais verdade mui certeira qual con séus ollos viía.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

E pois entrou ena vila, foi-se lóg' aa eigreja
da Virgen Santa María, que é bẽeita e seja,
e viu estar ajuntada i mui gran gente sobeja,
e de com' o feito fora todo lle-lo retraía.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

E eles grandes loores déron lógo da primeira
aa Virgen grorïosa, Madre de Déus verdadeira;
mais o colar da cadẽa toller per nulla maneira
do cólo non llo podéron, nen per nulla maestría.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

Entôn a mollér lles disse: “éu sõo póbr' e mesquinna,
e se m' alg' a dar avedes por Déus, dade-mio aginna,
e ir-m-ei pera Tudía, a cas da Santa Reínna
que me sacou de cativo u mui coitada jazía.”
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

Eles déron-ll' algu', e foi-se. E lógo que foi entrada
en Tudía na eigreja da Reínna corõada,
caeu-ll' o colar do cólo, que se non deteve nada;
e o sancristán tan tóste a gran campãa tangía.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...

E quantos alí estavan e este feito soubéron,
todos aa Virgen santa porende loores déron;
des i aa mollér bõa porende algo fezéron,
e ela dend' adeante ena eigreja servía.
Con dereit' a Virgen santa á nome Strela do Día...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: