Con gran razon é que seja de Jesucrist’ amparada

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Con gran razon é que seja de Jesucrist’ amparada
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 215
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

Observación 1:

TEXTO

Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada
a omage da sa Madre, Virgen santa corõada.

E daquest' un gran miragre vos direi, que na fronteira
mostrou i Santa María, a Sennor mui verdadeira
quando passou Aboíuçaf, non da passada primeira,
mas da outra, e fez dano grande daquela passada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E porque dest' os crischãos non éran apercebudos,
passou el come a furto con muitos mouros barvudos;
e porên foron as vilas e os castélos corrudos,
e polos nóssos pecados muita eigreja britada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E por mal de nóssa lee as campãas ên levavan
e roubavan os altares, que sól ren i non leixavan;
e depois os crucifissos e as omaias britavan
a tiínnan a fronteira en mui gran coita provada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

Ond' avẽo que correron pola Campinna un día
e britaron ũ' aldea que cabo Martos jazía,
e romperon a eigreja da Virgen Santa María,
e ũa omagen súa foi deles lógo levada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E lóg' aas albergadas u pousavan a levaron,
e assentaron-se todos, e tal consello fillaron
que toda a desfezéssen; e sas espadas sacaron
entôn, e end' ũu deles lle foi dar ũ' espadada
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

Eno braço e tallou-lle del ũa mui gran partida.
Mas non quis Déus que ficasse a omagen escarnida;
e porend' a aquel mouro déu-ll' ũa atal ferida,
que lle fez perdê-lo braço lógu', e caeu-ll' a espada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

Os mouros, quand' esto viron, todos grandes vózes déron
que lógo a pedrejassen, e muitas pédras trouxéron
e tiraron-lle de préto, mas ferir nona podéron;
entôn ouvéron acórdo que fosse lógo queimada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E metêrona no fógo mui grand', e jouv' i dous días;
mas o que en Babilonia guardou no forn' Ananías
e Misaél o meninno e o tercer, Azarías,
guardou aquesta do fógo, que sól non lle noziu nada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E do fógo a sacaron e ouvéron tal consello
que, porque aquesto feito sól non saíss' a concello,
que no río a deitassen, todo come en trebello,
con ũa pédra mui grande aa garganta atada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E tan tóste a deitaron en un péego redondo;
mas non quis Santa María per ren que se foss' a fondo.
Quand' esto viron os mouros, tevéron que grand' avondo
de vertud' en ela éra, e foi da agua sacada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E tan tóste a levaron u' Rei de Grãada éra,
que teve tod' este feito por gran maravilla féra
e mandou de séus dinneiros dar ao que lla trouxéra,
e ar mandou a omagen lógo levar a Grãada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

Des i mandou a crischãos que a el Rei a trouxéssen
de Leôn e de Castéla, e o feito lle disséssen
todo per como passara, pero por quanto podéssen
que non foss' el descobérto que a avía 'nvïada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E eles tóste vẽéron pera Segóvia aginna,
u el Rei éra, e déron-ll' a omagen da Reínna,
Virgen santa grorïosa; e en panos que tiínna
ricos fez que a omagen fosse lógu' envorullada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...

E mandou que a guardassen mui ben ena sa capéla,
e a todos fez mostrá-la, que ouvéssen ên mazéla
e punnassen come bõos com' aquela alcavéla
de mouros fosse vençuda e a omagen vingada.
Con gran razôn é que seja de Jeso-Crist' amparada...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: