De muitas maneiras busca a Virgen esperital

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • De muitas maneiras busca a Virgen esperital
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 121
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO

De muitas maneiras busca a Virgen esperital
carreiras en como guarde os séus de mórt' e de mal.

E de tal razôn com' esta en Proença ũa vez
amostrou mui gran miragre a Sennor de todo prez
contra un séu cavaleiro que tal promessa lle fez
que lle guerlanda faría de rósas toda, non d' al.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

E aquesto cada día podendo-as el achar,
e senôn, por cada rósa dissésse en séu logar
ũa vez “Ave María”, e assí fosse cercar
a guerlanda toda delas, e que lla fezéss' atal.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

Aquesto fez un gran tempo, que non faleceu de ren
que a guerlanda das rósas no tempo delas mui ben
fazía, e a põía na sa omagen; des ên
a ela s' acomendava, que aos séus nunca fal.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

Quando non achava rósas, rezava, com' aprendí,
toda-las Aves Marías que prometera, que ni-
ũa non lle falecía. E el fazendo assí,
topou con séus ẽemigos en meógo dun gran val,
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

Que mui ben encavalgados viínnan; mais, a la fé,
ele assí non estava, mais en un séu palafré
fraco en que cavalgava. E deceu dele a pé
e ficou lóg' os gẽollos escontra u o sól sal,
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

E diss' as Aves Marías, rogando de coraçôn
a Virgen que lle valvésse. E ela valeu-ll' entôn;
ca alí u eles ían polo matar de randôn,
vírono todo cercado de lume celestïal.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

E ar viron ũa dona ũa guerlanda fazer
de rósas e el con ela do outro cabo põer
das rósas ena guerlanda; mas eles entôn poder
non ouvéron d' ir a ele, e disséron lóg' atal:
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

“Tornemo-nos daquí lógo, pois esto non praz a Déus
que est' óme nós matemos, ca x' éste dos sérvos séus.”
“E porende vos consello”, diss' entôn un deles, “méus
amigos, que nos vaamos; ca muit' é descomunal
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

Cousa de fillarmos guérra cona Madre do Sennor,
que veemos cabo dele mais béla ca nulla flor,
e faz con el a guerlanda e é sa ajudador,
que assí nos desfaría ben com' a agua o sal.”
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

Foron-s' eles; e daquesto o cavaleiro non viu
nulla ren, nen sól a dona, nen da guerlanda sentiu
que en sa mão tevésse; mais pela térra oiu
todo quanto ll' escontaron da Sennor que pód' e val.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

E porên, se a amava ante, depois la amou
mui mais; e este miragre per muitas térras contou
e con quantos a loavan sempre muito a loou,
mostrando como nas coitas aos séus é mui leal.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: