Des quando Deus sa Madre aos çeos levou

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Des quando Deus sa Madre aos çeos levou
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 419
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO

Des quando Déus sa Madre aos céos levou,
de nos levar consigo carreira nos mostrou.

Ca pois levou aquela que nos déu por sennor
e el fillou por madre, mostrou-nos que amor
mui grande nos avía, non podía maior,
ca pera o séu reino lógo nos convidou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Mais como passou ela deste mundo contar
vos quér', e en qual guisa a vẽo Déus levar
consigo ao céo, u a foi corõar
por Reínna dos santos, tan muito a onrrou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Assí foi que o día que Déus mórte prendeu,
a sa bẽeita Madre viu quanto padeceu
na cruz por nós; e lógo tal pesar recebeu
que a fillou quartãa, que nunca ên sãou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E depois morou sempre dentr' en Jerusalên,
e non vinna a ela enfermo que lógu' ên
são se non partisse; mais a ela per ren
non leixou a quartãa atẽes que finou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Mas no templ' u estava a comprida de fé,
un ángeo lle disse: “Madre de Déus, avé:
o téu Fillo te manda dizer que ja temp' é
que leixes este mundo mao u t' el leixou.”
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E un ramo de palma lle déu lógu' en sinal
que dend' a tercer día, non avería al,
que verría por ela o Rei espirital,
séu Fillo Jesú-Cristo, que en ela encarnou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Disso-ll' a Santa Virgen: “Sennor, e qual nom' ás?”
O ángeo respôs-lle: “Esto non saberás,
ca méu nom' é mui grande; mas cedo veerás
os apóstolos tigo, que Déus vĩir mandou
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Por onrrar-t' en ta mórte.” E foi-se lógu' entôn
o ángeo. E ela foi fazer oraçôn
ben a Mont' Olivete, u aquela sazôn
morava, e tan tóste en séu banno entrou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E vestiu os mellores panos que pod' aver,
e San Joán fez lógo chamar, e a dizer
lle começou séu feito de como a veer
o ángeo vẽéra que lle Déus envïou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E disse-lle chorando: “Nembre-te, San Joán,
de com' en ta comenda o do mui bon talán
me leixou, o méu Fillo; porên guardar de pran
me deves en mia mórte, pois te mi acomendou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E com' éu ei oído, estes maos judéus,
que mataron méu Fillo como falsos encréus,
meaçan de queimaren a carn' e estes méus
óssos, pois for passada; un deles mio contou.”
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Enquant' eles en esto falavan entre si,
ũas nuves mui craras adusséron lógu' i
os Apóstolos onze; e non vẽo alí
Santo Tomás con eles, ca chegar non oviou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E lógo que chegaron, com' a 'scritura diz,
os recebeu mui léda a Santa 'mperadriz
e disso-lles: “Amigos, este día fiíz
foi que Déus vos adusse aquí e vos juntou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E pois juntados sodes, esto vos rogarei
que vigïedes migo; ca éu de cérto sei
que cras en aquel día deste mundo m' irei,
ca un ángeo santo comigu' esto falou.”
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Eles, quand' est' oíron, choraron lóg' assaz;
pois disséron: “Faremos, Sennor, o que vos praz.”
E rezaron séus salmos com' ena lee jaz,
e ela en séu leito ant' eles se deitou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Outro día San Pedro a vóz de Déus oiu
que lles diss': “Aquí sõo vósqu'.” E lógo sentiu
tod' aquela companna mui bon odor e viu
claridade que todo o lógu' enlumeou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Mais a óra da sésta, direi-vo-lo que fez
Déus, que foi Padr' e Fillo desta Virgen de prez:
vẽo levar-ll' a alma, que el ja outra vez
lle metera no córpo u a santivigou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E disso a San Pedro: “Direi-ch' o que farás:
pois mia Madr' é finada, non espéres a cras,
mas entérra séu córpo no Val de Josafás,
en atal sepultura com' ela t' ensinou.”
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Esto foi en agosto, en meiante do mes,
que Jesú-Crist' a alma de súa Madre pres;
e o córpo San Pedro fillou con sét' e tres
Apóstolos e en Jo- safas lo enterrou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E pois la enterraron en sepulcro mui bél,
foron-s' aa cidade; mais lógo San Miguél
levou o córpo dela con outro gran tropél
d' ángeo que vẽéron, e cada un cantou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Eles indo cantando, Santo Tomás sobir
os viu, que Déus fezéra ena nuve vĩir;
e viu Santa María entr' eles todos ir,
e por saber quen éra, lógo lles preguntou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E ela respondeu-lle: “Tomás, amigo méu,
a mia alma méu Fillo levou, ben ti digu' éu,
e méu córp' óra lévan pera o reino séu
estes ángeos santos, e con eles me vou.”
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E San Tomás lle disse: “Sennor, mui m' é mestér,
por que creúdo seja desto, se vos prouguér,
que algún sinal aja, que quando o dissér
que éu amostrar póssa.” E ela lle lançou
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

A cinta que cingía, que vos non foi don vil,
ant' éra mui ben feita e d' óbra mui sotil.
E el déu end' a ela porên loores mil,
e sa cinta na mão, aa vila chegou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Os onze, poi-lo viron, disséron: “Tól-t' alá,
e que te Déus non ama gran móstra ch' ên feit' á,
que non viste sa Madre morrer, nen fust' acá
u a nós soterramos; tanto te despreçou.”
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Santo Tomás chorando respondeu-lles adur:
“Dized' u a metestes; mais sei éu que nenllur
achar nona podedes quant' o Bretôn Artur,
ca éu a vi na nuve sobir, e me chamou.
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

E por que me creades esta cinta me quis
dar, e que de séu feito sejades todos fis;
que éu vi o séu córpo mui mais branco ca lis
ir sobind' aos céos, e mui pouqu' i tardou.”
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Entôn disse San Pedro: “Tenno que será pról
d' irmos provar aquesto que nos diz este fól;
e se non for verdade, ũa folla de cól
non demos mais por ele, ca sempr' este dultou.”
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

Entôn foron dizendo: “Mentira nos aduz.”
E cataron a fóssa daquela que na cruz
viu morrer o séu Fillo; mais pero, se non luz,
nulla ren non acharon. E muito se sinou
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...

San Pedro, e os outros todos a ũa vóz
en térra se deitaron, pedindo per Aióz
perdôn a Santo Tomás; e diss' el: “Ũa nóz
non daría por esto, pois con verdad' estou.”
Des quando Déus sa Madre aos céos levou...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: