Macar poucos cantares acabei e con son

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Macar poucos cantares acabei e con son
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 401
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Macar poucos cantares acabei e con son,
Virgen, dos téus miragres, peço-ch' óra por don
que rógues a téu Fillo Déus que el me perdôn
os pecados que fige, pero que muitos son,
e do séu paraíso non me diga de non,
nen eno gran jüízio entre migu' en razôn,
nen que polos méus érros se me móstre felôn;
e tu, mia Sennor, róga- ll' agora e entôn
muit' aficadamente por mi de coraçôn
e por este serviço dá-m' este galardôn.

Pois a ti, Virgen, prougue que dos miragres téus
fezéss' ende cantares, rógo-te que a Déus,
téu Fillo, por mi rógues que os pecados méus
me perdôn e me queira recebir ontr' os séus
no santo paraíso, u éste San Matéus,
San Pédr' e Santïago, a que van os roméus,
e que en este mundo queira que os encréus
mouros destrüír póssa, que son dos Filistéus,
com' a séus ẽemigos destrüiu Macabéus
Judas, que foi gran tempo cabdélo dos judéus.

E al te róg' aínda que lle queiras rogar
que do dïab' arteiro me queira el guardar,
que punna todavía pera óm' enartar
per muitas de maneiras, por fazê-lo pecar,
e que el me dé siso que me póss' amparar
dele e das sas óbras, con que el faz obrar
mui mal a queno cree e pois s' ên mal achar,
e que contra os mouros, que térra d' Ultramar
tẽen e en Espanna gran part' a méu pesar,
me dé poder e força pera os ên deitar.

Outros rógos sen estes te quér' óra fazer:
que rógues a téu Fillo que me faça viver,
per que serví-lo póssa, e que me dé poder
contra séus ẽemigos e lles faça perder
o que tẽen forçado, que non deven aver,
e me guarde de mórte per ocajôn prender,
e que de méus amigos veja sempre prazer,
e que póssa mias gentes en justiça tẽer,
e que sempre ben sábia empregar méu aver,
que os que mio fillaren mio sábian gradecer.

E aínda te rógo Virgen, bõa Sennor,
que rógues a téu Fillo que, mentr' éu aquí for
en este mundo, queira que faça o mellor,
per que del e dos bõos sempr' aja séu amor;
e, pois Rei me fez, queira que rein' a séu sabor,
e de mi e dos reinos seja el guardador,
que me déu e dar póde quando ll' ên prazer for;
e que el me defenda de fals' e traedor,
e outrossí me guarde de mal consellador
e d' óme que mal sérve e é mui pedidor.

E pois ei começado, Sennor, de te pedir
mercees que me gães, se o Déus por ben vir,
róga-lle que me guarde de quen non quér gracir
algo que ll' óme faça neno ar quér servir,
outrossí de quen busca razôn pera falir,
non avendo vergonna d' errar nen de mentir,
e de quen dá jüízio seno ben departir
nen outro gran consello sen ant' i comedir,
e d' óme mui falido que outro quér cousir,
e d' óme que mal jóga e quér muito riír.

Outrossí por mi róga, Virgen do bon talán,
que me guard' o téu Fillo daquel que adamán
móstra sempr' en séus feitos, e daqueles que dan
pouco por gran vileza e vergonna non an,
e por pouco serviço móstran que grand' afán
prenden u quér que vaan, pero longe non van;
outrossí que me guardes d' óme torp' alvardán,
e d' óme que assaca, que é peor que can,
e dos que lealdade non preçan quant' un pan,
pero que sempr' en ela muito faland' están.

E aínda te rógo Sennor espirital,
que rógues a téu Fillo que el me dé atal
siso, per que non cáia en pecado mortal,
e que non aja medo do gran fógu' infernal,
e me guarde méu córpo d' ocajôn e de mal
e d' amigu' encubérto, que a gran coita fal,
e de quen ten en pouco de seer desleal,
e daquel que se preça muit' e mui pouco val,
e de quen en séus feitos sempr' é descomunal.
Esto por don cho peço, e ar pidir-ch-ei al:

Sennor Santa María, pois que começad' ei
de pedir-che mercee, non me departirei;
porên te rógu' e peço, pois que téu Fillo Rei
me fez, que del me gães siso, que mestér ei,
con que me guardar póssa do que me non guardei,
Per que d' oj' adeante non érre com' errei
nen méu aver empregue tan mal com' empreguei
en algũus logares, segundo que éu sei,
perdend' el e méu tempo e aos que o dei;
mas des oi mais me guarda, e guardado serei.

Tantas son as mercees, Sennor, que en ti á,
que porende te rógo que rógues o que dá
séu ben aos que ama, ca sei ca o fará
se o tu por ben vires, que me dé o que ja
lle pedí muitas vezes; que quando for alá
no paraíso, veja a ti sempr' e acá
mi acórra en mias coitas por ti, e averá
me bon galardôn dado; e sempre fïará
en ti quen soubér esto e mais te servirá
por quanto me feziste de ben, e t' amará.


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: