Mal s’ á end’ achar

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Mal s’ á end’ achar
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 317
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Mal s' á end' achar
quen quisér desonrrar Santa María.

Como s' achou, non á i mui gran sazôn,
en Galiza un escudeiraz peôn
que quis mui felôn
britá-la eigreja con felonía.
Mal s' á end' achar...

Santa María a ermida nom' á
do Monte, porque en logar alt' está;
e foron alá
de gentes entôn mui gran romaría
Mal s' á end' achar...

En ũa fésta, per com' éu aprendí,
de meant' Agosto. E pois chegou i
gran gent', e des i
começaron a tẽer sa vigía.
Mal s' á end' achar...

O escudeiro que vos dixe chegou
e viu ũa moça, de que se pagou,
que forçar cuidou;
mais ela per ren non llo consentía.
Mal s' á end' achar...

E travando dela cuidou-a forçar;
mais proug' a Déus e nono pod' acabar,
ca foi-ll' escapar
e fogind' á eigreja se collía.
Mal s' á end' achar...

Aos braados a gente recodiu,
e a mininna mercee lles pediu
que daquel que viu
a quiséssen guardar de sa perfía.
Mal s' á end' achar...

As gentes, temendo de lles vĩir mal,
foron sarrá-las pórtas lógo sen al,
e chamando: “Val,
Madre de Déus, ca mestér nos sería.”
Mal s' á end' achar...

O escudeiro, tanto que viu fugir
a moça, leixou-se depós ela ir
dizendo: “Guarir
non me pódes, rapariga sandía.”
Mal s' á end' achar...

E quando as pórtas sarradas achou,
per poucas que de sanna sandeu tornou,
e lógo jurou
que a couces toda-las britaría.
Mal s' á end' achar...

E com' éra atrevudo e sandeu,
quis acabar aquelo que prometeu,
e o pé ergeu
e ena pórta gran couce dar ía.
Mal s' á end' achar...

Mais avẽo-ll' en como vos éu direi:
britou-xe-ll' a pérna, segund' apres' ei,
per prazer do Rei,
Fillo da Virgen, a que desprazía.
Mal s' á end' achar...

E d' al ll' avẽo aínda mui peior:
esmoreceu con coita e con door,
e Nóstro Sennor
sen tod' aquest' a fala lle tollía
Mal s' á end' achar...

En tal guisa, que pois nunca disse ren
érgo “ai, Santa María.” E des ên
tolleit' e sen sen
viveu gran temp' e per pórtas pidía.
Mal s' á end' achar...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: