Muit’ é mayor o ben-fazer

De Cancioneros Musicales Españoles
Revisión del 07:30 8 ene 2015 de Iria (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Muit’ é mayor o ben-fazer
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 125
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Muit' é maior o ben-fazer
da Virgen Santa María
que é do démo o poder
nen d' óme mao perfía.

E desta razôn vos direi un miragre fremos' assaz,
que fezo Santa María por un crérigo alvernaz
que ena loar punnava polos muitos bẽes que faz,
e rezava por aquesto a sas óras cada día.
Muit' é maior o ben-fazer...

O crérigo maiordomo éra do bispo ben dalí
da cidad' en que morava el; e éra i outrossí
ũa donzéla fremosa a maravilla, com' oí,
que a Virgen, de Déus Madre, mui de coraçôn servía.
Muit' é maior o ben-fazer...

Des i sempre lle rogava que lle mostrass' algũa ren
per que do démo guardada fosse; e a Virgen porên
ll' apareceu e lli disse: “Di ‘Ave María’ e ten
sempr' en mi a voontade, e guarda-te de folía.”
Muit' é maior o ben-fazer...

Ela fezo séu mandado e usou esta oraçôn:
mai-lo crérigo que dixe lle quis tal ben de coraçôn,
que en toda-las maneiras provou de a vencer; mais non
podo i acabar nada, ca oír nono quería.
Muit' é maior o ben-fazer...

Daquesto foi mui coitado o crérigu', e per séu saber
fez ajuntar os dïabos e disse-lles: “Ide fazer
com' éu a donzéla aja lógu' esta noit' en méu poder;
senôn, en ũa redoma todos vos ensserraría.”
Muit' é maior o ben-fazer...

Daquelo que lles el disse ouvéron todos gran pavor,
e foron aa donzéla e andaron-ll' a derredor;
mais nada non adobaron, ca a Madre do Salvador
a guardava en tal guisa que ren non ll' empeecía.
Muit' é maior o ben-fazer...

Quand' entenderon aquesto, lóg' ao crérigo sen al
se tornaron, e el disse: “Como vos vai?” Disséron: “Mal;
ca tan muito é guardada da Virgen Madr' esperital,
que o que a enganasse mui mais ca nós sabería.”
Muit' é maior o ben-fazer...

O crérig' outra vegada de tal guisa os conjurou
que ar tornaron a ela, e un deles tan muit' andou
que a oraçôn da Virgen lle fezo que se ll' obridou;
e ao crérigo vẽo o démo con alegría,
Muit' é maior o ben-fazer...

Dizend': “O que nos mandastes mui ben o per recadei éu,
e oi mais de a averdes tenno que non será mui gréu.”
E o crérigo ll' ar disse: “Tórna-t' alá, amigo méu,
e fais-me como a aja, senôn, lógo morrería.”
Muit' é maior o ben-fazer...

E o démo tornou tóste e feze-a lógu' enfermar,
e ena enfermidade fez-la en tal guisa maiar
que séu padre e sa madre a querían porên matar;
mai-lo crérigo das mãos muit' aginna lla tollía.
Muit' é maior o ben-fazer...

E entôn atán fremoso o crérigo lle pareceu
que a poucas d' amor dele lógo se non enssandeceu,
ca o démo, de mal chẽo, en tal guisa a encendeu
que diss' entôn a séu padre que lógo se casaría
Muit' é maior o ben-fazer...

Con aquel crérigu'. E disse a sa madre que manamán
por el lógo envïasse e chamassen un capelán
que lles as juras fezésse; senôn, soubéssen ben de pran
que lógu' entôn con sas mãos ant' eles se mataría.
Muit' é maior o ben-fazer...

Outro día de mannãa fezéron lógu' eles vĩir
o crérigu'; e el de grado vẽo i e foi-lles pedir
sa filla por casamento, e prometeu-lles sen falir
que lle daría en arras gran requeza que avía.
Muit' é maior o ben-fazer...

E disso: “Casemos lógo.” Mas diss' o padre: “Non, mais cras
che darei onrradamente mia filla, e tu seerás
come en logar de fillo; e se éu morrer erdarás
mui grand' algo que éu tenno, que gannei sen tricharía.” 
Muit' é maior o ben-fazer...

Os esposoiros juntados foron lógo, com' apres' ei,
e outro día mannãa casaron; mais, que vos direi?
Porque pelo démo fora, a Madre do muit' alto Rei
do Céo mui grorïoso lógo lle-lo desfazía.
Muit' é maior o ben-fazer...

E por partir este feito oíd' agora o que fez:
O crérigo que disséra sempre sas óras, essa vez
obridou-xe-lle a nõa; mais la Reínna de gran prez
fezo que a sa eigreja fosse, como ir soía.
Muit' é maior o ben-fazer...

E u estava rezando, pareceu-ll' a Madre de Déus
e disso-ll': “Aquí que fazes? ca ja tu non éras dos méus
vassalos nen de méu Fillo, mais és dos ẽemigos séus,
dïabos, que che fezéron começar est' arlotía
Muit' é maior o ben-fazer...

Que con esta mia crïada cuidas casar, pero me pes,
que ja sé eno taamo, toda ben cobérta d' alfrês.
Esto non será dest' ano, per bõa fé, nen deste mes;
mais leixa esta loucura e tórna-t' a crerezía.
Muit' é maior o ben-fazer...

E éu farei ao bispo que venna por ti lóg' acá,
e di-ll' esto que che dixe, e el ben te consellará
como non pérças ta alma; e senôn, Déus se vingará
de ti por quanto quisische do démo sa companía.”
Muit' é maior o ben-fazer...

Foi-s' entôn a Virgen santa aa donzéla, alí u
dormía, e disso: “Maa, com' ousas aquí dormir tu
que és en poder do démo, e mi e méu Fillo Jesú
te 'scaecemos mui tóste, louca, maa e sandía?”
Muit' é maior o ben-fazer...

A donzéla disse lógo: “Sennor, o que vos aprouguér
farei mui de bõa mente; mais este, de que soon mollér,
com' o leixarei?” (diss' ela). Diss' a Virgen: “A-che mestér
que o leixes e te vaas meter en ũa mongía.”
Muit' é maior o ben-fazer...

A novia s' espertou lógo chorando, e esto que viu
diss' ao padr' e à madre; des i mercee lles pediu
que lógu' en un mõesteiro a metessen, per com' oiu
dizer aa Virgen santa, que casar non lle prazía.
Muit' é maior o ben-fazer...

E o bispo chegou lógo, e disso-lle o novio: “Fól 
soon de que casar quige, mai-lo démo, que sempre sól
fazer mal aos que ama, m' enganou; e porên mia pról
é que lógo monge seja en algũa abadía.”
Muit' é maior o ben-fazer...

Desta guisa acordados foron os novios, como diz
o escrito; e o bispo, que nom' avía Don Fiíz,
ambos los meteu en orden por prazer da Emperadriz
do Céo mui grorïosa, e foron i todavía.
Muit' é maior o ben-fazer...



MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: