Na malandança noss’ amparança

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Na malandança noss’ amparança
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 255
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Na malandança
nóss' amparança
e esperança
é Santa María.

Dest' un miragre vos direi óra
que a Virgen quis mui grand' amostrar,
Santa María, a que sempr' óra
polos pecadores de mal guardar,
dũa burgesa
nóbr' e cortesa,
que fora presa
por sa gran folía.
Na malandança...

Esta foi rica e ben casada
e mui fremosa e de bõo sen,
e en Leôn do Rodán morada
ouve mui bõa, per quant' aprix ên;
e ouve béla
filla donzéla,
de que mazéla
ll' avẽo un día.
Na malandança...

Ela e séu sennor ambos déron
sa filla a marid' a séu prazer,
e morada de sũu fezéron
por se por i mais viçosos tẽer.
Mais mal empeço
foi no começo,
ca mao preço
a sógra avía
Na malandança...

Con séu genrro; pero a gran tórto,
ca non fezéran eles feit' atal
com' este. Mais ela per que mórto
fez foi o genrro, e non ouv' i al;
ca mantenente
déu muit' argente
a maa gente
que o matar-ía.
Na malandança...

E esse día, pois missa dita,
assentaron-s' a jantar, e mandou
chamar séu genrr' a sógra maldita;
e sa mollér, que por el foi, achou
mórt' o marido
e escoorido,
e apelido
mui grande metía.
Na malandança...

Aqueste feito tóste sabudo
foi pela vila, e vẽo lógu' i
o meirinno dela mui sannudo
e preguntou como morrer' assí.
E tant' andando
foi trastornando
e preguntando,
que achou a vía
Na malandança...

Per que soub' a verdade do preito;
e fez recadar de mui mal talán
os que fezéran aquele feito.
Mais a sógra mãefestou a pran
de com' ouvéra
coita tan féra,
per que fezér' a-
quela dïabría.
Na malandança...

O meirinno, que foi fórt' e bravo,
mandou fillar lóg' aquela mollér,
e por queimá-la non déu un cravo,
ca muito fazía ben séu mestér.
Nen fez en jógo
nen fillou rógo,
mas a ao fógo
 levou que ardía.
Na malandança...

E u a levavan pela rúa
ant' a igreja da Madre de Déus,
senôn da camisa, toda núa,
diss' aos sergentes: “Amigos méus,
por pïadade
ant' a Magestade
vós me parade,
e rogá-la-ía.”
Na malandança...

Eles fezéron-ll' o que rogava;
e ela lógu' en térra se tendeu
ant' a omagen, muito chorava
dizendo: “Madre daquel que morreu
por nós, aginna,
Virgen Reínna,
córr' a mesquinna
que en ti se fía.”
Na malandança...

E lógo tan tóste o meirinno
disse: “Varões, levade-a ja
fóra da vila cab' o caminno
u ũa casa mui vélla está:
i a metede
dentr' e odede,
des i põede
ll' o fóg' a perfía.”
Na malandança...

Esto foi feito tóst' e correndo,
e a casa dentro e en redor
chẽa de lenna foi, com' aprendo,
e de fógo, dond' ouv' ela pavor;
ca viu a chama
queimá-la rama,
de que a Ama
de Déus defendía.
Na malandança...

Pero a casa toda queimada
foi e a lenna se tornou carvôn,
a mollér desto non sentiu nada;
ca a Virgen, a que fez oraçôn,
lle déu saúde
per sa vertude
e ameúde
o fógo tollía.
Na malandança...

A casa foi per dúas vegadas
acenduda; mas vede-lo que fez
Santa María, que as coitadas
acórre sempre: non quis nulla vez
que s' i perdesse
nen que ardesse
nen que morresse
a que ben quería.
Na malandança...

Quand' est' o meirinno e as gentes
viron, fillaron-s' end' a repentir,
e mandaron lóg' aos sergentes
que a fezéssen do fógo saír
lógu'; e con cantos
ela foi tantos
levada, quantos
mui de dur diría.
Na malandança...

E pois que ela foi na igreja,
os crérigos se pararon en az
e loaron a que sempre seja
bẽeita polos miragres que faz
maravillosos
e pïadosos,
e saborosos
d' oír todavía.
Na malandança...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: