O que en Santa Maria crever ben de coraçon

De Cancioneros Musicales Españoles
Revisión del 08:39 12 ene 2015 de Iria (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • O que en Santa Maria crever ben de coraçon
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 84
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


O que en Santa María crevér ben de coraçôn
nunca receberá dano nen gran mal nen ocajôn.

E daquest' un gran miragre oíd' óra, de que fix
un cantar da Virgen santa, que éu dun bon óm' aprix,
e ontr' os outros miragres porende metê-lo quix,
porque sei, se o oírdes, que vos valrrá un sermôn.
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

Esto foi dun cavaleiro que casad' éra mui ben
con dona menínn' e béla, que amou mais d' outra ren,
e ela a el amava que xe perdía o sen;
e do mal que dest' avẽo vos contarei a razôn.
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

O cavaleir' éra bõo de costumes e sen mal,
e mais d' outra ren amava a Virgen espirital;
e por esto de sa casa fezéra un gran portal
ben atro ena igreja, por ir fazer oraçôn.
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

Porque aquela igreja éra da Madre de Déus,
cada noite s' esfurtava de sa mollér e dos séus
e ant' a omagen s' ía, dizend': “Os pecados méus
son muitos, mas per ti creo gaannar deles perdôn.”
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

El aquest' assí dizendo, sa mollér mentes parou
en como se levantava e de mal o sospeitou,
e por aquesta sospeita ũa vez lle preguntou:
“U ides assí, marido, de noite come ladrôn?”
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

El entôn assí lle disse: “Non sospeitedes de mi,
que vos nïún tórto faço nen fiz des quando vos vi.”
A mollér entôn calou-se, que lle non falou mais i;
e pero parou i mentes sempre mui mais des entôn.
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

Ond' avẽo pois un día que siían a séu jantar;
e pois ouvéron jantado, começou-ll' a preguntar
a dona a séu marido muito e a conjurar
se el amava mais outra, que dissésse si ou non.
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

El lle respôs, com' en jógo: “Pois vos praz, dizer-vo-l-ei:
outra dona mui fremosa amo muit' e amarei
mais d' outra cousa do mundo e por séu sempr' andarei.”
A dona tornou por esto mais negra que un carvôn;
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

E tomou lóg' un coitélo, con que tallavan o pan,
e déu-se con el no peito ũa ferida atán
grande que, sen outra cousa, morreu lógo manamán.
Diss' entôn o cavaleiro: “Ai Déus, que maa vijôn!”
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

E fillou sa mollér lógo e deitó-a, sen mentir,
en séu leito e cobriu-a, e non quiso que saír
podéss' óme de sa casa; e a pórta foi abrir
da igreja e correndo entrou i de gran randôn.
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

E parou-s' ant' a omagen e disso assí: “Sennor,
mia mollér que muit' amava perdí polo téu amor;
mais tu, Sennor, que sofriste gran coita e gran door
por téu Fillo, dá-mia viva e sãa óra en don.”
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

El assí muito chorando, a Virgen ll' apareceu
e diss' ao cavaleiro: “O méu Fillo recebeu
o rógo que me feziste e a ta mollér viveu
pola ta firme creença e por ta gran devoçôn.”
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

El entôn tornou-se lógo e foi sa mollér veer,
e achó-a viv' e sãa e ouv' ên mui gran prazer.
Entôn el e sa companna começaron bẽeizer
a Virgen Santa María, cantando en mui bon son.
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...

El mandou abrí-las pórtas e as gentes vĩir fez,
que vissen aquel miragre, que a Reínna de prez
fezéra daquela dona; mas lóg' ambos, dessa vez,
por mellor servir a Virgen, fillaron religïôn.
O que en Santa María crevér ben de coraçôn...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: