O que pola Virgen de grado

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • O que pola Virgen de grado
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 145
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


O que pola Virgen de grado séus dões
dér, dar-vo-ll-á ela grandes galardões.

E dest' un miragre quéro que sabiades
per mi, porque sempre voontad' ajades
de fazer por ela ben e que tennades
firmement' en ela vóssos corações.
O que pola Virgen de grado séus dões...

Un patrïarca ouv' en Aleixandría
santo e fïél, que Joán nom' avía;
este muit' amava a Santa María
e por amor dela dava sas rações,
O que pola Virgen de grado séus dões...

Ũas a mesquinnos, enfermos, coitados,
e outras a póbres muit' envergonnados,
e aconssellava desaconssellados;
assí do séu todos avían quinnões.
O que pola Virgen de grado séus dões...

El esto fazendo, en aquela térra
avẽo gran fame por temp' e por guérra;
mais tal non foi ele come o que sérra
sa pórt' e s' asconde dentro nos rancões;
O que pola Virgen de grado séus dões...

Ant' abriu sas pórtas, e séu aver dado
foi mui francamente e ben empregado
por amor da Virgen de que Déus foi nado,
que non lle ficaron sól dous pepïões,
O que pola Virgen de grado séus dões...

Senôn esses panos ond' éra vestido.
E pois se viu póbre, foi end' esmarrido;
mais à Virgen santa, per com' ei oído,
que o acorresse fez sas orações.
O que pola Virgen de grado séus dões...

Mannãa ergeu-se e aa eigreja
foi oír a missa da que sempre seja
bẽeita, con grand' esperança sobeja
de lle comprir ela as sas promissões.
O que pola Virgen de grado séus dões...

E ena carreira viu un pastorinno
que contra el lógo vẽo mui festinno,
apósto vestido e mui fremosinno,
que lle diss': “Oíde poucas de razões
O que pola Virgen de grado séus dões...

Que vos dizer quéro, e falade migo.”
E pois s' apartaron, diss': “Esto vos digo:
aqueste tesouro vos dá vóss' amigo,
o Fillo da Reínna das bẽeições;
O que pola Virgen de grado séus dões...

Fillade-o lógo, ca éu ir-me quéro.”
E o patrïarca viu aver tan féro,
que maior non ouve emperador Néro
quando queimou Roma e tornou carvões.
O que pola Virgen de grado séus dões...

Foi-s' aquel mancebo; mai-lo patrïarca
meteu aquel ouro dentr' en ũa arca,
e cantand' a missa, diz: “Se Déus me parca,
querría saber ond' estas ofreções
O que pola Virgen de grado séus dões...

Tan grandes e bõas foron envïadas.”
Aquesto na missa muitas de vegadas
rogou; e respóstas lle foron ên dadas
que Jesú-Cristo, que foi ontr' os ladrões
O que pola Virgen de grado séus dões...

Ena cruz pregado, que llo envïara
per rógo de sa Madre que llo rogara,
porque enos póbres o séu empregara
e en santos ómes de religïões.
O que pola Virgen de grado séus dões...

Lóg' aqueste feito tóste foi sabudo
e o póboo da cidade movudo
loando a Virgen que é nóss' escudo
contra o dïabo e sas tentações.
O que pola Virgen de grado séus dões...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: