Quantos en Santa Maria esperança an

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Quantos en Santa Maria esperança an
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 66
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Quantos en Santa María
esperança an,
ben se porrá sa fazenda.

Os que m' oen cada día
e que m' oïrán,
de grado lles contaría
miragre mui gran
dun bon bispo que avía
en Alvérna, tan
santo que viu sen contenda,
Quantos en Santa María...

Na capéla u jazía,
a do Bon Talán.
Vẽo con gran compannía
desses que están
ante Déus e todavía
por nós rogarán
que el de mal nos defenda.
Quantos en Santa María...

E a séu déstro tragía
sigo San Joán,
que ll' entôn assí dizía
“Quaes cantarán
a missa que converría,
ou quaes dirán
toda a outra leenda?
Quantos en Santa María...

E dizede, quen sería
vósso capelán?”
E ela lle respondía:
“O bispo que man
aquí, que sempre perfía
fillou e afán
por mi en esta prebenda.”
Quantos en Santa María...

E lógo pera el ía
e diss' ao san-
t' óm': “Aquesta missa di-a,
e responderán
esta santa crerizía,
que ben saberán
responder-ti sen emenda.”
Quantos en Santa María...


O bispo, quand' est' oía,
lógo manamán
as vestimentas pedía;
e taes llas dan
que óme non podería
preçá-las de pran
nen a compra nen a venda.
Quantos en Santa María...

E pois que se revestía,
come sancristán
San Pédr' o sino tangía,
e os outros van
cantand', e el bẽeizía
o vinn' e o pan
como a lee comenda.
Quantos en Santa María...

E pois a missa compría
ben sen adamán,
diss' a Virgen: “éu ir-m-ía,
e todos ir-s-an;
mais o que ti éu dad' avía
nono levarán,
pois to dei por oferenda.”
Quantos en Santa María...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: