Quen a Santa Maria de coraçon rogar

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Quen a Santa Maria de coraçon rogar
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 138
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Quen a Santa María de coraçôn
rogar, oír-ll-á ela sa oraçôn.

Ca o que a de voontade rogar
e mui de coraçôn en ela fïar,
se ll' algo pedir assí ou demandar,
dar-llo-á, que sól non lle dirá de non.
Quen a Santa María de coraçôn...

E dest' un miragre, per com' éu oí,
dizer-vos quér' óra e contar aquí,
que Santa María fez, com' aprendí,
por Joán Boca-d' Ouro, nóbre barôn,
Quen a Santa María de coraçôn...

Que disse muito ben dela e dos séus
feitos e de como foi Madre de Déus;
porend' os gentíis maos e encréus
sacaron-ll' os ollos a gran traïçôn.
Quen a Santa María de coraçôn...

E ar mandaron-lle que lógo saír
se fosse da térr', e non leixaron ir
null' óme con ele pera o servir,
mas déron-lle pouco pan e un bordôn.
Quen a Santa María de coraçôn...

Pois esto fezéron, fôrono meter
eno caminno que devía tẽer;
e poi-lo leixaron, foi lógu' el torcer
e caeu en un mui gran silvar entôn.
Quen a Santa María de coraçôn...

El alí jazendo espinnado mal,
volvendo-se dentro con coita mortal,
chamou lóg' a Reínna esperital,
a que chaman sempr' os que coitados son,
Quen a Santa María de coraçôn...

Dizendo: “Sennor, e nembre-te do téu
sérvo cégu' e póbre com' oge jasqu' éu;
mas tu, Sennor, cata o coraçôn méu
e saca-m' óra desta maa prijôn.”
Quen a Santa María de coraçôn...

Pois esto dit' ouve, a do bon talán
chegou e tiró-o dalí sen afán
e disse: “Se quéres, lógo veerán
téus ollos tan ben come outra sazôn
Quen a Santa María de coraçôn...

Viron, e ta dinidade averás,
e quanto perdiste todo cobrarás.”
Diss' el: “Sennor, ante mi tu mostrarás
o que mais téu Fillo, se el mi perdôn,
Quen a Santa María de coraçôn...

Amou eno mundo quand' en el naceu.”
Entôn a Virgen d' ant' ele se tolleu;
mais aa outra noite ll' apareceu
con séu Fill' en braços, e viu en vijôn
Quen a Santa María de coraçôn...

Que pelas tetas, como meninno faz,
tragía sas mãos come a quen praz
de mamá-las; e pois mamava assaz,
beijava sa Madre polo galardôn.
Quen a Santa María de coraçôn...

Quand' esto foi, San Joán entôn cobrou
séus ollos e viu; e lógo o chamou
a Virgen e disse: “Desto se pagou
méu Fillo mais d' al, e con mui gran razôn;
Quen a Santa María de coraçôn...

Ca estas tetas lo crïaron tan ben
como a sa carne mui nóbre convên;
e porende as amou mais d' outra ren,
porque destas tetas ouv' el crïaçôn.”
Quen a Santa María de coraçôn...

Pois San Joane todo aquesto viu,
o séu cobrou todo, que ren non faliu;
e depois, quando deste mundo saiu,
sa alma foi i u é San Simeôn.
Quen a Santa María de coraçôn...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: