Quen aos servos da Virgen

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Quen aos servos da Virgen
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 95
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa
de lles fazer, non quér ela que esto ren valla.

Desto direi un miragre que ũa vegada
demostrou a Santa Virgen benaventurada
por un conde d' Alemanna, que ouve leixada
sa térra e foi fazer en Portugal morada
encima dũa ermida, préto da salgada
agua do mar, u cuidou a viver sen baralla.
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...

El Cond' Abrán foi aqueste, de mui santa vida,
que fez mui gran pẽedenç' en aquela ermida
servind' a Santa María, a Sennor comprida
de todo ben, que aos séus sempre dá guarida,
ca a sa mui gran mercee nunca é falida
a quanto-la ben serviren, assí é sen falla.
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...

Aquel sant' óme vivía alí apartado,
que nunca carne comía nen pan nen bocado
senôn quando con cĩisa éra mesturado,
e d' ele ja bever vinno non éra penssado;
mas pero algũas vezes fillava pescado,
que dava sen aver ên dinneiro nen mealla.
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...

E macar ll' alguên por esto dinneiros quería
dar ou algũus presentes, sól nonos prendía;
mais o que de comer éra adubar fazía
pera as gentes que viínnan i en romaría,
ca ele os convidava e os recebía,
con que lles parava mesa en branca toalla.
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...

El atal vida fazend' en aquela montanna,
estand' un día pescando com' éra sa manna,
chegaron alí navíos de mouros, companna
que ben d' África vẽéran por correr Espanna,
e fillárono aginna e con mui gran sanna
déron con el no navío, oi mais Déus lle valla!
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...

E pois est' ouvéron feito, fezéron gran guérra,
rouband' en mar quant' achavan e saínd' a térra,
e quiséran-s' ir con todo. Mas a que non érra
d' acorrer a séus amigos nen lles pórta sérra
os fez que se non podéron alongar da sérra,
ca lles non valeu bon vento quant' é ũa palla,
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...

Con que movían de rijo aos treus alçados;
e quanto toda a noite éran alongados
da pena, ena mannaa i éran tornados;
est' avẽo per tres noites aos malfadados.
E quando aquesto viron, foron espantados
e chamaron Mafométe, o fillo d' Abdalla.
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...

Mais o almiral dos mouros éra entendudo,
que nom' Arrendaf' avía, e óme sisudo,
e nembrou-lle daquel óme que fora metudo
ena sóta da galéa e i ascondudo,
e teve que por est' éra séu feito perdudo
e diss': “Amigos, fól éste quen a Déus contralla.”
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...

E mandó-o tirar fóra e pos-ll' our' e prata
deant', e panos de seda, outros d' escarlata,
e mandou que os fillasse come de ravata,
dizendo: “Do que te pagas, de sũu os ata.”
Mais desto non fillou ren e, ben come quen cata
por pouco, fillou un vidro de mui béla talla.
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...

E o almiral entôn preguntou que óm' éra,
ou de fillar aquel vidro, porque o fezéra.
E el lles contou entôn qual vida mantevéra
des quand' en aquel' ermida a morar vẽéra;
mais de fillar aquel vidro muito lle prouguéra,
e que al non fillaría do séu nemigalla.
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...

E eles, quand' est' oíron, fóra o poséron
en aquel logar mẽesmo onde o preséron,
e que non ouvésse medo assí lle disséron.
Tan tóst' alçaron sas veas, e bon vent' ouvéron
e foron sa vía que sól non se detevéron,
fendend' as ondas per meo ben come navalla.
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...

Estas nóvas pela térra foron mui sõadas,
e gentes de todas partes foron i juntadas,
e a Santa María loores porên dadas;
mais el Cond' Abrán acharon pois muitas vegadas
mouros que correr viínnan con barcas armadas,
e non lle fezéron mal, d' atant' ouv' avantalla.
Quen aos sérvos da Virgen de mal se traballa...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: