Se muito non amamos

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Se muito non amamos
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 71
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Se muito non amamos, gran sandece fazemos,
a Sennor que nos móstra de como a loemos.

E porend' un miragre vos quéro dizer óra
que fez Santa María, a que nunca demóra
a buscar-nos carreiras que non fiquemos fóra
do reino de séu Fillo, mais per que i entremos.
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

E direi dũa monja que en un mõesteiro
ouve, de santa vida, e fillava lazeiro
en loar muit' a Virgen, ca un gran livr' enteiro
rezava cada día, como nós aprendemos,
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

De grandes orações sempre, noites e días.
E sen esto rezava ben mil Ave Marías,
por que veer podésse a Madre de Messías,
que os judéus atenden e que nós ja avemos.
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

Tod' aquesto dizía chorando e gemendo,
e suspirava muito, mais rezava correndo
aquestas orações. E porên, com' aprendo,
viu a Santa María, com' agora diremos,
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

Dentro no dormidoiro en séu leit' u jazía
por dormir mui cansada, e pero non durmía.
Entôn a Virgen santa alí ll' aparecía,
Madre de Jesú-Cristo, aquel en que creemos.
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

Quando a viu a monja, espantou-se ja quanto,
mais a Virgen lle disse: “Sól non prendas espanto,
ca éu soon aquela que ás chamada tanto;
e sei óra mui léda, e un pouco falemos.”
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

Respôs entôn a monja: “Virgen santa, Reínna,
como veer quiséstes ũa monja mesquinna?
Esto mais ca mesura foi, e porend' aginna
levade-nos convósco, que sen vós non fiquemos.”
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

Disse Santa María: “Esto farei de grado,
ca ja téu lugar tẽes no Céo apartado;
mais mentre fores viva, un rezar ordinnado
che mostrarei que faças ca ja que ên sabemos.
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

Se tu quéres que seja de téu rezar pagada,
u dizes la saúde que me foi envïada
pelo ángeo santo, di-a assessegada-
mente e non te coites; ca cérto che dizemos
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

Que, quand' ouço u fala como Déus foi comigo,
tan gran prazer ei ende, amiga, que che digo
que entôn me semella que Déus Padr' e Amigo
e Fill' en nósso córpo outra vez ben tẽemos.
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

E porên te rogamos que filles tal maneira
de rezares mui passo, amiga companneira,
e dúas partes leixa e di ben a terceira,
de quant' ante dizías, e mais t' end' amaremos.”
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

Pois dit' ouv' esto, foi-se a Virgen grorïosa.
E des entôn a monja sempre muit' omildosa-
mente assí dizía como ll' a Pïadosa
mostrara que dissésse, daquesto non dultemos.
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...

Ca sempr' “Ave María” mui ben e passo disse;
e quando deste mundo quis Déus que se partisse,
fez levar a sa alma ao Céo, u visse
a sa bẽeita Madre, a que loores demos.
Se muito non amamos, gran sandece fazemos...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: