Se muito non amamos

De Cancioneros Musicales Españoles
Revisión del 09:24 19 ene 2015 de Iria (discusión | contribuciones) (Copiado de Se ben ena Virgen fiar, revisión 6088)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Se ben ena Virgen fiar
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 237
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Se ben ena Virgen fïar
o pecador sabudo,
querrá-o na mórte guardar
que non seja perdudo.

E desta confïança tal vos direi, se quisérdes,
que ouve grand' ũa mollér; e pois que o soubérdes
loaredes a Madr' entôn de Déus, se me crevérdes,
e averedes des alí o dém' avorreçudo.
Se ben ena Virgen fïar...

Esta mollér en Santarên, com' aprendí, morava,
e pero sa fazenda mal fazía, confïava
na Madre do mantẽedor do mund' e jajũava
o día da Encarnaçôn, que é stabeliçudo.
Se ben ena Virgen fïar...

As cinque féstas da Sennor, Reínna corõada,
jajũava esta mollér e non comía nada
senôn pan e agua, pero seendo denodada
muit' en séu córp' abaldõar; est' éra connoçudo.
Se ben ena Virgen fïar...

Outro costum' esta mollér vos direi que avía:
missa cada sábad' oír da Madre de Déus ía,
e en aquel día fazer maldade non quería
por aver nen por outra ren, assí ei aprendudo.
Se ben ena Virgen fïar...

Vivend' esta mollér assí, estand' en tal estado
como vos retraí ant' éu, tev' assí por guisado
d' ir a sa térra; e entôn vestiu-se ben privado
e saiü-s' entôn dalí, e non muit' ascondudo.
Se ben ena Virgen fïar...

Mais aquel día que saír avía sábad' éra,
e foi missa oír entôn, ca tal costum' ouvéra
sempre tal di'; e un garçôn séu ouv' ên coita féra,
e con outros pós ela foi como louc' atrevudo.
Se ben ena Virgen fïar...

E foi-a entôn acalçar caminno de Leirẽa,
pelos cabelos a tirou do caminn' a gran pẽa;
ela começou vózes dar: “Ai éu en térr' allẽa,
a que mal tempo me chegou méu feito decebudo.”
Se ben ena Virgen fïar...

Quis aquel vilão comprir sa voontade lógo
con ela, mais disse-ll' assí ela: “Por Déus te rógo
que non seja, ca sábad' é, sequér a un moógo,
méu abade, o prometí.” Mais el foi demovudo
Se ben ena Virgen fïar...

Contra ela, o traedor, e diz: “Se non fezéres
óra quant' éu quisér, aquí o córp' e quant' ouvéres
perdud' ás.” E ela respôs: “Pódes quanto quiséres
fazer, mas ant' éu morrerei, vilão, falsso, rudo.”
Se ben ena Virgen fïar...

El con gran despeito travou dela, e ameúde
chamou ela: “Madre de Déus, valla-m' a ta vertude;
a méu mal non queiras catar, mais o téu ben m' ajude
e os grandes miragres téus, que o dém' an vençudo.
Se ben ena Virgen fïar...

Sennor, Sennor de gran poder, valla-m' a ta bondade,
non me leixes perder assí, pola ta pïadade;
guarda-me polo prazer téu do dém' e de sa grade,
so que el muitos meter vai, e do séu dent' agudo.
Se ben ena Virgen fïar...

Sennor, sempr' en ti confïei, como quér que pecasse,
que dos grandes érros que fiz a emenda chegasse;
e non ei, mal pecado, ja temp' en que os chorasse,
mas tu, Madre do alto Rei, sei oge méu escudo.”
Se ben ena Virgen fïar...

Daquesta guisa se queixou, fèramente chorando,
e non se mãefestou. Mais fôrona desnüando
de quanto tragía entôn, e ela braadando,
muito lle mostrou falss' amor aquel que foi séu drudo.
Se ben ena Virgen fïar...

Esbullou-a aquel ladrôn falsso con gran loucura,
des i degolou-a lógu' i sen dó' e sen mesura;
mais a de qu' el rei Salomôn falou, santa e pura,
a sa oraçôn ben oiu, que sãa cégu' e mudo.
Se ben ena Virgen fïar...

Pois que a assí degolou mui longe da carreira,
fogiu-s' e leixó-a jazer so ũa gẽesteira.
E chegou lógo ben alí a Santa verdadeira,
que lle diss' entôn: “Erge-t' ên, ca de pran éu t' ajudo.”
Se ben ena Virgen fïar...

Pela mão a foi fillar a Virgen grorïosa,
ao caminno a levou, des i mui saborosa-
mente a cofortou; entôn diz: “Non sejas queixosa,
ca serás salva porque é ja o démo batudo.”
Se ben ena Virgen fïar...

E pois disse-lle: “Sei aquí, non temas nemigalla,
e pornán que daquí a cras mãeféstes ta falla
quanta ás feita contra Déus, e crei ben que te valla
méu Fill', e vivirás con el, pero te vai sannudo.
Se ben ena Virgen fïar...

E ves, un cavaleiro ven per aquele recóste,
que téu mandado levará a Santarên mui tóste;
e do concello saïrá contra ti mui grand' óste,
e mui lonj' este feito téu seerá retraúdo.”
Se ben ena Virgen fïar...

Chegou-s' o cavaleir' entôn, ca andava aginna,
e pois que viu assí seer esta mollér mesquinna,
sinou-s' entôn e diss' assí: “Santa Virgen, Reínna,
quen foi o que t' assí matou, seja el cofondudo.”
Se ben ena Virgen fïar...

“Cavaleiro”, disse-ll' entôn, “e porquê vos sinades?
A mia Sennor, Madre de Déus, faz esto, ben creades,
que quér que me conféss' ant' éu que moira, entendades,
que sobre los santos tal don á ela recebudo.
Se ben ena Virgen fïar...

Ca porque a muito chamei u m' assí degolaron
ómees a que nunca fiz mal e que me roubaron,
porque fïei no séu amor, sól que m' eles leixaron
por mórta, vẽo lóg' a mi, que m' á ben acorrudo.
Se ben ena Virgen fïar...

Mais mãefést' aja por Déus, se ben fazer queredes,
a que póssa dizer méu mal; e depois saberedes
da Virgen o gran poder séu, e ja o ben veedes
que non lle praz de me perder com' algún descreúdo.”
Se ben ena Virgen fïar...

O cavaleir' a Santarên se foi dereitamente
e tod' aqueste feit' entôn diss' a toda a gente.
E a clerizía dalí saiü mantenente,
do concello ren non ficou, nen grande nen meúdo.
Se ben ena Virgen fïar...

Adussérona ben dalí u a o cavaleiro
achou, e foi mui ben entôn confessada primeiro
e comungou-s'; e a Madre do Fillo verdadeiro
lóg' a alma dela levou, que ll' ouve prometudo.
Se ben ena Virgen fïar...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: