Soltar pode muit’ aginna os presos

De Cancioneros Musicales Españoles
Revisión del 22:32 19 ene 2015 de Iria (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Soltar pode muit’ aginna os presos
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 176
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Soltar póde muit' aginna os presos e os lïados
a que faz ao séu Fillo que nos sólte dos pecados.

E dest' un mui gran miragre direi que oí dizer
que avẽo en Maiorgas, quando mouros en poder
a tinnan, por un crischão que foi ontr' eles caer
en cativo e avía os pées enferrollados.
Soltar póde muit' aginna os presos e os lïados...

Demais tiínn' a garganta no cepo, com' aprendí;
e jazend' en tan gran coita, prometeu lógo assí
que se o Santa María de Salas tirasse d' i,
que sería séu romeiro e dar-ll-ía mui grãados
Soltar póde muit' aginna os presos e os lïados...

Dões e a sa omagen faría, com' aprix éu,
de cera que i levasse, e sería sempre séu
sérvo. E pois esto dito ouve, tal sono lle déu
Santa María, que lógo dormiu entr' outros atados.
Soltar póde muit' aginna os presos e os lïados...

E u jazía dormindo, a viu; e disso-ll' atal:
“Léva-te, ca ja és sólto, e daquí lógo te sal.”
E abriu lóg' as cadẽas e assí lle fez o al,
e o cep' en que jazía e todo-los cadẽados.
Soltar póde muit' aginna os presos e os lïados...

E disse-lle: “Vai, non temas, ca per ren non te verá
null' óme que mal te faça, e léva-t' e sal acá;
ca ir-te pódes en salvo atá que chegues alá
u compras ta romaría e sejan-te perdõados
Soltar póde muit' aginna os presos e os lïados...

Os pecados que ás feitos.” E el lógo s' espertou
e do cep' e das cadẽas de todo se livr' achou;
e en mui pouco de tempo en salv' a Salas chegou
e levou i a omagen de cer'. E maravillados
Soltar póde muit' aginna os presos e os lïados...

Foron quantos lo oíron, e déron porên loor
aa Virgen grorïosa, Madre de Nóstro Sennor,
que nos de tantas maneiras faz mercee e amor
e non cata nóssos érros, nen como somos culpados.
Soltar póde muit' aginna os presos e os lïados...



MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: