Tan muit’ é con Jesu-Cristo

De Cancioneros Musicales Españoles
Revisión del 08:59 20 ene 2015 de Iria (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Tan muit’ é con Jesu-Cristo
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 128
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada,
que u quér que a el achen, ela con el é achada.

De tal razôn un miragre vos direi maravilloso,
que mostrou Santa María con séu Fillo grorïoso
a un vilão que éra d' abellas cobiiçoso,
por aver ên mél e cera que lle non custasse nada.
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

Este morava en Frandes, préto do mar, na ribeira,
e foi pedir a conssello a ũa vélla sorteira
que ll' escantaçôn mostrasse e o metess' en carreira
per que abellas ouvésse, e muito foi del rogada.
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

Ela respôs-lle: “Farei-o se méu conssello fillardes.”
Diss' el: “Praz-me.” Respôs-ll' ela: “Pois quando vos comungardes,
a comoiôn ena boca tẽede sena passardes
en tal guisa que dos dentes sól non dedes i dentada,
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

Mas guardade-a na boca o mellor que vós podérdes;
des i de vóssas colmẽas escolled' a que quisérdes
e ensserade-a dentro; e se vós esto fezérdes,
de mél será e de cera vóssa casa avondada.”
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

O vilão crev' a vélla e fez todo séu mandado;
e pois ouve na colmẽa de Déus o córp' ensserrado,
cuidou porên seer rico. E quand' o tempo chegado
foi de catar sas colmẽas, non fez longa demorada
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

E abriu aquela lógo, u a ósti' ensserrara,
e viu i Santa María, mui fremosa e mui crara,
con séu Fillo Jesú-Cristo en séus braços, que crïara,
que tiínna abraçado e el ela abraçada.
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

Quand' esto viu o vilão, ouv' entôn tan grand' espanto,
que serrou lóg' a colmẽa e aa eigreja quanto
pod' ir se foi muit' aginna e disse “Por Déus lo santo”,
ao capelán, “migu' ide lógo, sen outra tardada,
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

E mostrar-vos-ei tal cousa, qual vïúda nen oída
nunca foi.” Entôn o préste, com' éra de bõa vida,
foi con el, e na colmẽa viu a Virgen mui comprida
de ben con séu Fill' en braço, nóbre cousa e preçada.
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

Quand' esto viu, tornou lógo e fez chamar a concello
e tanger todo-los sinos, e fillaron tal consello,
que con gran precissôn fossen por aquela que espello
é dos santos e do mundo, e a trouxéssen onrrada.
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

Lógo foron alá todos e viron en com' estava
na colmẽa a mui santa Virgen e com' abraçava
a séu Fillo Jesú-Cristo, e mui mellor odor dava
que liros nen vïoletas non dan, nen agua rosada.
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

Lóg' a colmẽa levaron as gentes que i vẽéron,
con procissôn e cantando; e depois que a poséron
sôbelo altar, as óras todas compridas disséron
aquel día con sa noite, e de todos mui catada
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

Foi a Virgen con séu Fillo, a nóbr' e Santa Reínna.
Outro día ar disséron sa missa, mas non aginna;
e pois conssagrou o préste a óstïa que tiínna,
non acharon na colmẽa érg' a óstïa sagrada,
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...

Que o vilão metera i con gran mengua de siso,
mui sãa e mui fremosa, como x' a Déus guardar quiso
con sa Madr' a Virgen santa, Reínna de Paraíso.
Porên seja el loado sempr' e ela mui loada.
Tan muit' é con Jesú-Cristo Santa María juntada...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: