Tanto, se Deus me perdon

De Cancioneros Musicales Españoles
(Redirigido desde «Tanto, se Déus me perdôn»)
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Tanto, se Deus me perdon
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 31
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Tanto, se Déus me perdôn,
son da Virgen connoçudas
sas mercees, que quinnôn
quéren end' as bestias mudas.

Desto mostrou un miragre a que é chamada Virga
de Jésse na sa eigreja que éste en Vila-Sirga,
que a préto de Carrôn
é dúas léguas sabudas,
u van fazer oraçôn
gentes grandes e mïúdas.
Tanto, se Déus me perdôn...

Alí van muitos enfermos, que receben sãidade,
e ar van-x' i muitos sãos, que dan i sa caridade;
e per aquesta razôn
son as gentes tan movudas,
que van i de coraçôn
ou envían sas ajudas.
Tanto, se Déus me perdôn...

E porend' un aldeão de Segóvia, que morava
na aldea, ũa vaca perdera que muit' amava;
e en aquela sazôn
foran i outras perdudas,
e de lobos lógu' entôn
comestas ou mal mordudas.
Tanto, se Déus me perdôn...

E porque o aldeão desto muito se temía,
ante sa mollér estando, diss' assí: “Santa María,
dar-t-ei o que traj', en don,
a vaca, se ben m' ajudas
que de lob' e de ladrôn
mia guardes; ca defendudas
Tanto, se Déus me perdôn...

Son as cousas que tu quéres; e por aquesto te rógo
que mi aquesta vaca guardes.” E a vaca vẽo lógo
sen dan' e sen ocajôn,
con sas orellas merjudas,
e fez fillo sen lijôn
con sinaes pareçudas.
Tanto, se Déus me perdôn...

Pois creceu aquel bezerro e foi almall' arrizado,
a sa mollér o vilão diss': “Irei cras a mercado;
mas este novélo non
irá nas ofereçudas
bestias qu' en ofereçôn
son aos Santos rendudas.”
Tanto, se Déus me perdôn...

Dizend' esto aa noite, outro día o vilão
quis ir vendê-lo almallo; mas el saiu-lle de mão,
e correndo de randôn
foi a jornadas tendudas,
come se con aguillôn
o levassen de corrudas.
Tanto, se Déus me perdôn...

Pois foi en Santa María, mostrou-se por bestia sage:
meteu-se na sa eigreja e parou-s' ant' a omage;
e por aver sa raçôn
foi u as bestias metudas
éran, que ena maisôn
foran dadas ou vendudas.
Tanto, se Déus me perdôn...

E des alí adeante non ouv' i boi nen almallo
que tan ben tirar podésse o carr' e sofrer traballo,
de quantas bestias i son
que an as unnas fendudas,
sen ferí-lo de bastôn
nen d' aguillôn a 'scodudas.
Tanto, se Déus me perdôn...

O lavrador que pós ele a mui gran préssa vẽéra,
poi-lo viu en Vila-Sirga, ouv' ên maravilla féra;
e fez chamar a pregôn,
e gentes foron vĩudas,
a que das cousas sermôn
fez que ll' éran conteçudas.
Tanto, se Déus me perdôn...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: