En tamanna coita non pode seer

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • En tamanna coita non pode seer
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 131
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO

En tamanna coita non póde seer
óm' a que a Virgen non póss' acorrer.

E dest' un miragre, de que gran sabor
averedes, direi que fez a Sennor,
a Madre de Déus, por un emperador;
e eno oírdes fillad' i lezer.
En tamanna coita non póde seer...

Est' emperador nom' aví' Aleixí,
de Costantinóbre, per com' aprendí,
e sa mollér Jordana, segund' oí,
ond', éra ben casad' e a séu prazer.
En tamanna coita non póde seer...

Bon crischão éra el e de bon sen,
ela a Virgen amava mais d' al ren;
por esto fez a ambos Déus atal ben
qual vos quér' éu óra contar e dizer.
En tamanna coita non póde seer...

Ond' avẽo assí un día, sen al,
que o Emperador foi veer metal
dũas sas mineiras ben dentr' en un val
en cóvas mui grandes, de que grand' aver
En tamanna coita non póde seer...

Tiravan de prata en aquel logar.
E o Emperador foi lógu' i entrar,
e a cóva lógo per meo quebrar
se foi atán tóst' e leixou-se caer.
En tamanna coita non póde seer...

E quantos dentr' éran todo-los matou
senôn el senlleiro que viv' escapou
so ũa gran pena que o enserrou;
mas cuidou sen falla lógu' i a morrer.
En tamanna coita non póde seer...

Mais la santa dona, sa mollér, que fez?
Con gran dóo foi ant' a Sennor de prez,
a Madre de Déus, e sempre dessa vez
cada día foi i oraçôn fazer
En tamanna coita non póde seer...

Que a alma del ouvésse salvaçôn.
E muitas missas fez cantar des entôn
ben atá un ano e dar ofreçôn,
e aquesto éra todo séu querer.
En tamanna coita non póde seer...

E daquest' avẽo, per quant' aprix éu,
que en tod' ess' ano a comer lle déu
ao Emperador a Madre do séu
Sennor Jesú-Cristo per séu gran poder.
En tamanna coita non póde seer...

E ángeos muitos fazía vĩir
a estar con el e se del non partir
polo conortar e o fazer dormir
e daquela coita o medo perder.
En tamanna coita non póde seer...

E dizía-ll' assí: “Esto que ti fiz;
e que te faz' óra, a Emperadriz,
ta mollér, mio róga, a bõa fiíz,
a que o tu deves muito gradecer.
En tamanna coita non póde seer...

Porque en méu Fillo fías, o gran Rei,
non quix que morresses, e ar guardar-t-ei
enquant' aquí fores, e pois sacar-t-ei
daquí, e desto non ajas que temer.”
En tamanna coita non póde seer...

Des que desta guisa séu ano compriu,
de noit' en visôn o Patrïarca viu
a Santa María, que lle descobriu
tod' aquesto e feze-llo entender.
En tamanna coita non póde seer...

O Patrïarca foi outro di' alá
e à Emperadriz, a que nunca ja
tal prazer oíra, e come quen á
gran prazer do feito, fez-lo parecer.
En tamanna coita non póde seer...

Dentro ena cóva gran gente meteu
e tirou a térr' e a pena fendeu;
e pois lles el dentro viv' apareceu,
tirárono ende sen se detẽer.
En tamanna coita non póde seer...

E quando o viron, déron end' a Déus
graças e loores, chorando dos séus
ollos muito todos, dizendo: “Os téus
sérvos nunca póden mui gran mal prender.”
En tamanna coita non póde seer...

E ele lles contou que por sa mollér
lle déra a Virgen quanto lle mestér
fora: “E porende, se vos aprouguér”,
diss' el, “id' a ela graças ên render.”
En tamanna coita non póde seer...

E eles o fezéron, pois todos en az
déron aa Virgen loores assaz
por este miragr' e por outros que faz
grandes e fremosos pera retraer.
En tamanna coita non póde seer...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: