Miragres muitos pelos reis faz

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Miragres muitos pelos reis faz
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 122
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Miragres muitos pelos reïs faz
Santa María cada que lle praz.

Desto direi un miragre que vi
que en Toled' a Virgen fez alí
na sa capéla, e creed' a mi
que faz i outros miragres assaz.
Miragres muitos pelos reïs faz...

Esta capéla no alcáçar é
da Santa Virgen u ficou a fé,
e dentro ũa sa figura sé
feita como quando pariu e jaz.
Miragres muitos pelos reïs faz...

Esta fez pintar o Emperador,
o que de tod' Espanna foi sennor;
mas o bon Rei Don Fernando mellor
a pintou toda, o córp' e a faz.
Miragres muitos pelos reïs faz...

A este Rei ũa filla naceu
que a Santa María prometeu,
des i aa orden ofereceu
de Cistél, que é santa e de paz.
Miragres muitos pelos reïs faz...

Esta meninna sa madre crïar
a fez pera às Ólgas a levar
de Burgos; mais la meninna 'nfermar
foi e morreu, de que mao solaz
Miragres muitos pelos reïs faz...

Toda a noite sa ama levou,
ca de dóo a matar-se cuidou;
e a sa madre lógo o contou,
e ela fez como a quen despraz
Miragres muitos pelos reïs faz...

De lle morrer sa filla. E entôn
foi-a fillar e diss' assí: “Pois non
quis a Virgen, a que te dei en don,
que vivesses, mais quiso que na az
Miragres muitos pelos reïs faz...

Dos mórtos fosses por pecados méus,
porên deitar-t-ei ant' os pées séus
da sa omagen da Madre de Déus.”
E fez-lo lógo, par San Bonifaz.
Miragres muitos pelos reïs faz...

A todos da capéla fez saír,
des i mandou ben as pórtas choír;
e as donas fillaron-s' a carpir,
e ela chorando pos séu anfaz
Miragres muitos pelos reïs faz...

E disse: “Ja mais non me partirei
daquesta pórta, ca de cérto sei
que me dará a Madre do bon Rei
mia filla viva; senôn, de prumaz
Miragres muitos pelos reïs faz...

Tragerei dóo ou dun anadiu.”
E esto dizendo, chorar oiu
a meninna, e as pórtas abriu
e fillou-a nos braços mui vïaz,
Miragres muitos pelos reïs faz...

Chorand' e dizendo: “Bẽeita tu
és, mia Sennor, que pariste Jesú
Cristo; e porên, cada logar u
for ta eigreja, ben atá en Raz,
Miragres muitos pelos reïs faz...

Darei do méu.” E ben assí o fez;
e levou sa filla daquela vez,
que déu nas Ólgas, logar de bon prez,
malgrad' end' aja o démo malvaz.
Miragres muitos pelos reïs faz...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: