Niun poder deste mundo

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Niun poder deste mundo
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 165
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Nïún poder deste mundo de gente nada non val
contra o poder da Virgen, ca x' é tod' espirital.

En Ultramar dest' avẽo miragre grand' e mui bél
que mostrou Santa María, Madre de Déus Manüél,
a un soldán poderoso, porque éra mui crüél
e porend' aos crischãos desamava mais que al.
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

A este soldán chamavan per séu nome Bondoudar,
que Egito e Alapa avía a séu mandar
e Domás e a Caméla; e porende guerrejar
quería sempr' a crischãos e fazer-lles muito mal.
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

Este séus ómes tragía con crischãos toda vez
por saber mais sa fazend', e un deles saber-lle fez
que, se fillasse Tortosa, gãaría i gran prez,
demais quen lla defendesse non avía tal nen qual.
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

Lóg' o soldán con grand' óste moveu, quand' aquest' oiu,
e mui préto de Tortosa en un outeiro sobiu,
e parou mentes na vila, e tan pouca gent' i viu
que teve que aquel mouro non lle fora mentiral.
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

Quand' a gente de Tortosa viron atán gran poder
de mouros vĩir sobr' eles, cuidaron mórtos seer;
e foron-s' aa eigreja sas orações fazer,
dizend': “Ai, Santa María, pois ta mercee non fal
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

A quantos que a demandan, vél a nós que somos téus,
guarda-nos que non caiamos en poder destes encréus
que per nulla ren non creen que tu és Madre de Déus;
e porend' en este feito móstra algún gran sinal.”
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

Pois sa oraçôn fezéron, per quant' end' éu aprendí,
contaron-se quantos éran, mais poucos s' acharon i.
Entôn a mui grandes vózes todos disséron assí:
“Sennor, se nos non acórres, preit' é mui descomũal.”
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

O soldán lóg' outro día sas gentes armar mandou
pera fillaren a vila, mas non foi com' el cuidou;
ca pois se chegou a ela, tal gente lle semellou
que estava alá dentro, que non ficava portal
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

Nen torre nen barvacãa nen muro per nulla ren
u gente muita non fosse, armados todos mui ben.
Quando viu o soldán esto, teve-se por de mal sen,
e chamou porend' o mouro: “Mao, falsso, mentiral,
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

Di, e porquê me feziste con mia óst' aquí vĩir,
dizendo que esta vila non se podía bastir
d' ómes d' armas, de maneira que me podésse guarir,
e, éu vejo-a bastida como non vi outra tal?”
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

O mouro, con mui gran medo, lle respôs esta razôn:
“Sennor, quanto vos éu dixe verdad' éste e al non;
mas tod' estes cavaleiros, vedes que dos Céos son,
ca chus brancos son e craros que é néve nen cristal.”
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

Entôn o soldán lle disse: “E que buscaron acá?”
Diss' o mouro: “Per mandado da Virgen, Madre d' Içá,
vẽéron, que ũ' eigreja dentro ena vila á,
que está préto dos muros da parte do arẽal.”
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

O soldán diss' ao mouro: “Eno Alcorán achei
que Santa María virgen foi sempr'; e pois esto sei,
guérra per nulla maneira con ela non fillarei,
e daquí me tórno lógo, e fas tangê-lo tabal.”
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...

E quand' aquest' ouve dito, foi-se lógo manamán,
e desta guisa sa vila guardou a do bon talán;
mas ante que s' ên partisse, déu i grand' alg' o soldán
por amor da Virgen santa, Reínna celestïal.
Nïún poder deste mundo de gente nada non val...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: