Poder á Santa Maria grande d’ os seus acorrer

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Poder á Santa Maria grande d’ os seus acorrer
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 185
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Poder á Santa María grande d' os séus acorrer,
en qual logar quér que sejan, e os de mal defender.

E dest' oí un miragre que avẽo pouc' á i
en Chincoia, un castélo, per quant' end' éu aprendí,
que fezo Santa María; e aos que o oí
ataes ómees éran a que devemos creer.
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

Aqueste castélo éste eno reino de Geên,
e un alcaid' i avía que o guardava mui ben;
mais de guardá-lo a cima lle mengou muito o sen,
assí que per pouc' un día o ouvéra de perder.
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

Este grand' amor avía con un mouro de Belmez,
que do castél' alcaid' éra; mas o traedor, que fez?
Falou con rei de Grãada e disse-lle: “Desta vez
vos darei éu o castélo de Chincoia en poder.”
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

Diss' el: “Como?” Respôs-ll' ele: “Se éu vósso poder ei,
mia fala cono alcaide pera un día porrei;
e estando ena fala, ben alí o prenderei,
e desta maneira tenno que o podedes aver.”
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

E diss' el rei de Grãada: “éu por mi, u al non á,
quéro alá ir contigo e verei o que será;
mais se me tu desto mentes, lógu' i al non averá,
che mandarei a cabeça d' antr' os téus ombros toller.”
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

Desta maneira gran medo a aquel mouro meteu
el rei, e da outra parte grand' aver lle prometeu
se lle désse o castélo; e lógo con el moveu,
e o mouro o alcaide de Chincoia foi veer.
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

E disse-lle que saísse con el séu preito firmar
ante crischãos e mouros dos que éran no logar,
que o guardasse, ca ele quería a el guardar,
e sobr' esto fossen ambos sas juras grandes fazer.
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

O alcaide de Chincoia, que non cuidava que mal
desto se ll' alevantasse, foi alá lógo sen al
e levou dous escudeiros, que lle disséron atal:
que med' avían do mouro que o quería trager.
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

“Demais, non levades arma e ides assí en cós,
e com' os mouros son falssos, quiça travarán de vós;
o porend' ao castélo nos queremos tornar, nós.”
E tornaron-se correndo e foron-se en el meter.
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

O alcaide por tod' esto sól cabeça non tornou,
mas por chegar ao mouro lógo o río passou;
e pois a el foi chegado, lógu' el prendê-lo mandou,
des i al rei de Grãada o fezo preso trager,
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

Que estava na cïada. E disse-ll' esta razôn:
que lle disséss' a verdade do castélo e, se non,
escabeçá-lo faría. Diss' el: “Se Déus me perdôn,
no castélo á quinz' ómes, mais non tẽen que comer.”
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

Tan tóst' el rei de Grãada sa cïada fez saír
e dereit' ao castélo lógo começou-se d' ir,
e mandou ao alcaide que se o castélo pedir
foss' aos que i leixara, se non quería morrer.
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

Ele con medo de mórte lóg' o castélo pediu,
e dos que dentro estavan atal respósta oiu
que per fé non llo darían. Quand' el rei aquesto viu,
fez lóg' a toda sa gente o castélo combater
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

A pédras e a saetas mui de rij' en derredor.
E os que dentro jazían ouvéron tan gran pavor
que fillaron a omagen da Madre do Salvador
que estava na capéla, desí fôrona põer
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

Ontr' as amẽas, dizendo: “Se tu és Madre de Déus,
defend' aqueste castélo e a nós, que somos téus,
e guarda a ta capéla que non seja dos encréus
mouros en poder, nen façan a ta omagen arder.”
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

E leixárona dizendo: “Veremo-lo que farás.”
Entonç' os combatedores tornaron todos atrás;
e tres mouros que entraran, chus negros que Satanás,
no castélo, os de dentro os fezéron ên caer
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

Mórtos de cima do muro. E diss' el rei: “Nulla pról
non ei de mais combatermos, e tẽer-m-ía por fól
se contra María fosse, que os séus defender sól.”
E mandou tanger as trombas e fez sa óste mover.
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...

E desta guisa Chincoia guardou a que todos dan
loores por sa bondade, ca mui gran dereit' i an,
porque os séus mui ben guarda e aos outros afán
dá que contra ela vẽen, e faz vençudos seer.
Poder á Santa María grande d' os séus acorrer...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: