Tantas nos mostra a Virgen

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Tantas nos mostra a Virgen
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 152
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Tantas nos móstra a Virgen de mercees e d' amores
que per ren nunca devemos seer maos pecadores.

E dest' un mui gran miragre mostrou por un cavaleiro
que apóst' e fremos' éra e ardid' e bon guerreiro;
mas éra luxurïoso e soberv' e torticeiro,
e chẽo d' outros pecados muitos, grandes e mẽores.
Tantas nos móstra a Virgen de mercees e d' amores...

Este per ren madodinnos nen vésperas non oía,
nen outras óras nen missa; pero en Santa María
fïava e muitas vezes a saüdaçôn dizía
que ll' o Sant' Ángeo disse, de que somos sabedores.
Tantas nos móstra a Virgen de mercees e d' amores...

E un día, u estava cuidando en sa fazenda
com' emendass' en sa vida, e avía gran contenda,
ca a alma conssellava que fezésse dest' emenda,
mas a carne non quería que leixasse séus sabores;
Tantas nos móstra a Virgen de mercees e d' amores...

El estand' en tal perfía, pareceu-ll' a Grorïosa
con ũa branqu' escudéla de prata, grand' e fremosa,
chẽa dun manjar mui jalne, non de vida saborosa,
mas amarga, e sen esto dava mui maos odores.
Tantas nos móstra a Virgen de mercees e d' amores...

U a viu o cavaleiro, foi con medo espantado
e preguntou-lle quen éra. Diss' ela: “Dar-ch-ei recado:
éu sõo Santa María, e venno-te téu estado
mostrar per est' escudéla, porque leixes téus errores.
Tantas nos móstra a Virgen de mercees e d' amores...

Ca ves, esta escudéla móstra-ti que és fremoso
e ás muitas bõas mannas; mas pecador e lixoso
és na alma, porên cheiras com' este manjar astroso,
per que irás a inférno, que é chẽo d' amargores.”
Tantas nos móstra a Virgen de mercees e d' amores...

E pois ll' ouv' aquesto dito, a Virgen lógo foi ida;
e el dalí adeante enmendou tant' en sa vida,
per que quando do séu córpo a sa alma foi partida,
foi u viu a Virgen santa, que é Sennor das sennores.
Tantas nos móstra a Virgen de mercees e d' amores...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: