Vella e mini~a

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Vella e mini~a
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 180
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Vélla e Mininna,
Madr' e Donzéla,
Póbre e Reínna,
Don' e Ancéla.

Desta guisa deve Santa María
seer loada, ca Déus lle quis dar
todas estas cousas por melloría,
porque lle nunca ja achassen par;
e por aquesto assí a loar
devïamos sempre, ca por nós véla.
Vélla e Mininna...

Ca Vélla é, segund' a profecía
que Salamôn foi dela profetar,
que ante do mundo foi todavía
crïada, e que nunc' á de minguar
o séu gran ben; e porend' encarnar
quis Déus en ela, que todo caudéla.
Vélla e Mininna...

E tod' óme Meninna a devía
en todo tempo per razôn chamar,
pois en bondade crece cada día
e en beldade, de que se pagar
foi tanto Déus, que por ela salvar
deceu no mundo da sa alta séla.
Vélla e Mininna...

Con razôn nóssa Madr' é que nos cría
e sempre punna de mal nos guardar,
e crïou Déus, que a crïad' avía,
que foi séu Fill' e ouve de crïar,
que por nós foi o iférno britar
e o dém' e toda sa alcavéla.
Vélla e Mininna...

De como é Donzéla, Isaía
en sas profecías o foi mostrar,
u disse que virgen concebería
e parría óm' e Déus, sen dultar,
o que nos fez Paraíso cobrar
que perdemos per Éva a meséla.
Vélla e Mininna...

Como foi Póbre, queno osmaría,
a que séu Fillo Déus ía deitar
no preséve, ca aver non podía
un pano en que o envurullar
senôn sa touca, ca eno logar
sól non acharon i ũ' almocéla?
Vélla e Mininna...

Por Reínna tod' óme a terría
que a visse a séu Fillo levar
daqueste mund', e sigo a sobía
ao céo, u sé con el a par
e guía-nos com' Estrela do Mar;
porên dizemos: “Ave marís stéla.”
Vélla e Mininna...

Outra Dona seer non podería
atal com' esta, ca Déus foi juntar
en ela prez e sen e cortesía
e santidade, u mercee achar
póde tod' óme que a demandar;
e con tod' esto, nunca nos revéla.
Vélla e Mininna...

Ancéla se chamou u lle dizía
o ángeo Gabrïél que fillar
Déus en ela carne d' óme verría,
e como sérva se foi omildar
u lle disse: “Farei quant' el mandar.”
E lóg' alí dela fez Déus sa céla.
Vélla e Mininna...

Porên lle rógo que quér' amparar
a mi de mal, e Leôn e Castéla.
Vélla e Mininna...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: