Dereit’ é de s’ end’ achar mal quen fillar perfia

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Dereit’ é de s’ end’ achar mal quen fillar perfia
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 108
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO

Dereit' é de s' end' achar
mal quen fillar perfía
contra Santa María.

E daquest' oí contar
que avẽo a Merlín
que s' ouve de rezõar
con un judéu alfaquín
que en tod' Escóça par,
como disséron a min,
de saber non avía.
Dereit' é de s' end' achar...

E começou a falar
aquel judéu traedor
ena Virgen e jurar
muito palo Crïador,
que en ela encarnar
nunca quis Nóstro Sennor,
nen seer non podía.
Dereit' é de s' end' achar...

Merlín ouve gran pesar
u ll' oiu esto dizer
e disso: “Se Déus m' ampar,
ante podo ben seer;
ca o que térra e mar
fez per séu mui gran poder,
esto ben o faría.”
Dereit' é de s' end' achar...

O judéu a perfïar
começou e disse: “Non
podo Déus nunca entrar
en tal logar per razôn;
ca o que foi ensserrar
en si quantas cousas son,
como s' enserraría?”
Dereit' é de s' end' achar...

Merlín muit' a assannar
se fillou e lóg' alí
os gẽollos foi ficar
en térra e diss' assí:
“Madre do que nos salvar
vẽo, este diz de ti
o que non devería.
Dereit' é de s' end' achar...

Porên te quéro pregar
que, com' éu de cérto sei
que o téu foi sen dultar,
que o que te rogarei
quéras agora mostrar
a este da falssa lei
que anda con folía,
Dereit' é de s' end' achar...

Que sa mollér emprennar
foi; o que lle nacer ên
quéras tu assí guisar
que com' outr' o rostro ten
adeante por catar,
tenna atrás, e des ên
and' assí todavía.”
Dereit' é de s' end' achar...

E o praz' uviou chegar
que a judéa pariu;
mas ben se podo sinar
quen aquel séu fillo viu,
ca atal o gẽerar
fez Déus como llo pediu
Merlín con felonía.
Dereit' é de s' end' achar...

Que o rostro lle tornar
fez Déus o deant' atrás,
como lle fora rogar
o fillo de Satanás
por en vergonna deitar
a séu padre Caïfás,
que ant' o non criía.
Dereit' é de s' end' achar...

Porên séu padre matar
o quis lógo que naceu;
mas Merlín o fez guardar,
que o mui ben entendeu,
e polos judéus tirar
de séu érro, pois creceu,
con el os convertía.
Dereit' é de s' end' achar...

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: