Fol é a desmesura

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Fol é a desmesura
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 149
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO

Fól é a desmesura
quen dulta que tornada
a Óstïa sagrada
non é en carne pura.

Mas, como cuidar deve null' óme que non póssa
a Óstïa ser carne, pois que Déus quis a nóssa
prender e seer óme e resurgir da fóssa,
por séu poder tod' esto que é sobre natura?
Fól é a desmesura...

E porende vos quéro desta razôn un preito
contar que ei oído mui pouc' á e retreito;
e creo que terredes por estrann' end' o feito
primeir' e pois encima por fremos' aventura.
Fól é a desmesura...

En térra d' Aleimanna un crérigo avía
que amava mais d' outra cousa Santa María,
assí que a sa missa cantava cada día;
mas eno Sagramento dultava con loucura.
Fól é a desmesura...

Dest' a Santa María, cada que el cantava
sa missa, mui de rijo chorando lle rogava
que o cérto fezésse daquelo que dultava,
assí que non morresse ende cona rancura.
Fól é a desmesura...

Onde assí ll' avẽo que un sábad', estando
na missa, e sagrara a Óstïa dultando,
tolleu-xe-lle de vista; e por ela catando,
viu a que de Déus Madre foi per sa gran cordura,
Fól é a desmesura...

Con séu Fillo nos braços, apósta e fremosa.
E macar éra béla, foi-ll' a el espantosa,
e tremend' el lle disse: “Ai, Sennor grorïosa,
se a Óstïa tẽes, dá-mia por ta mesura.”
Fól é a desmesura...

Ela lle respôs lógo; “Óme de mal cïente,
este que tenn' en braços é essa vèramente
a Óstïa que sagras, de que non és creente
porque a ti semella que de pan á fegura.
Fól é a desmesura...

Mas pero o revólves e tanges con tas mãos,
creendo que pan éste, este polos crischãos
recebeu na cruz mórte que judéus e pagãos
lle déron desonrrada por dar a nós folgura.
Fól é a desmesura...

Est' é o que tu comes, onde fazes tres partes,
e beves do séu sangue, ond' é ben que te fartes;
e quen cree ben esto, o démo nen sas artes
nunca lle terrán dano, se en elo atura.
Fól é a desmesura...

Est' é o que tu alças e baixas e descóbres,
que quiso seer póbre por requentá-los póbres
no séu reino do Céo e fazê-los i nóbres
mui mais que nulla outra que seja creatura.
Fól é a desmesura...

E pero semellança an de pan e de vinno,
esto quér Déus que seja polo óme mesquinno,
que terría por crúa cousa comer mininno
ou bever de séu sangue, ca non é apostura.”
Fól é a desmesura...

Quando ll' est' ouve dito, viu a Óstïa lógo
e comeu-a chorando aquel préste moógo;
des i non viu a Virgen, mais disse-ll': “éu te rógo,
Sennor, que me tu léves desta cárcer escura
Fól é a desmesura...

E que veja no Céo a ta face velida.”
E dalí adeante en creenç' e en vida
foi tal, que pois ll' a alma do córpo foi saída,
dos ángeos levada foi suso na altura.
Fól é a desmesura...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: