O que diz que servir ome aa Virgen ren non é

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • O que diz que servir ome aa Virgen ren non é
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 311
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


O que diz que servir óme aa Virgen ren non é,
aquest' é de mal recado e óme de maa fé.

Ca se en fazer serviço a un bon óme pról ten,
quanto mais na Virgen santa ond' avemos todo ben;
e quen aquesto non cree, sa creença non val ren,
ca descre' en Déus, séu Fillo, e en ela que Madr' é.
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...

E de tal razôn miragre vos quéro óra mostrar,
que d' entender é mui bõo a quen i mentes parar,
que a Virgen grorïosa de Monssarraz quis mostrar
por un óme que a sempre servía con mui gran fé.
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...

El alí en romaría ía dous vezes ou tres
no ano, e amizade avía con un borgês;
e rogou-lli que na fésta qu' é en meógo do mes
d' Agosto de sũu fossen, dizendo: “Logar sant' é.”
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...

Entôn ambos s' acordaron por en romaría ir
a Monssarraz. Mas primeiro, per quant' end' éu puid' oír,
passaron per Barçalona; e u quiséron saír
da vila, começou lógo mal tempo, per bõa fé.
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...

E fezo ventos mui grandes e começou de chover
e alampos con torvões des i coriscos caer,
assí que feriu un deles aquel óme, que morrer
o fez lógo mantenente; ca do corisc' assí é
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...

Que en quen fér lóg' afoga ou talla ou queimar faz.
Mais aquel óm' afogado foi, que pera Monssarraz
ía sempre, com' oístes; e séu compannôn assaz
chorou por el e ar disse paravlas contra a fé,
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...

Dizendo: “Par Déus, amigo, muito empregastí mal
quanto a Santa María servist', e pois te non val
nen te guardou desta mórte, per que o dém' infernal
levou ja de ti a alma; e, mal pecad', assí é.”
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...

E outro día por ele ũa missa dizer fez,
des i que o soterrassen, ca tal éra come pez
tornado daquel corisco; e ar disse dessa vez
paravras contra a Virgen onde naceu nóssa fé,
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...

Indo con el aa cóva chorand' e dizend' assí:
“Mal empregastí téu tempo na Virgen, com' aprendí,
demais perdísti grand' algo que lle destí; mais a mi
nunca averrá aquesto, ca o méu na arca é.”
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...

El aquest' assí dizendo, resorgiu o mórt' entôn
e assentou-se no leito e diss' aquesta razôn:
“Mentes a guisa de mao, ca mia alm' a perdiçôn
fora, se non foss' a Virgen, que chav' é de nóssa fé,
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...

Que me livrou de sas mãos u éra en poder séu;
e porend', enquant' éu viva, sempre no coraçôn méu
a terrei pera serví-la, e nunca me será gréu
de ren que por ela faça, ca mui ben empregad' é.”
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...

Quand' esto viron as gentes, déron todos gran loor
aa Virgen grorïosa, Madre de Nóstro Sennor,
que sempre seja loada enquanto o mundo for,
ca é nóssa avogada, des i padrõa da fé.
O que diz que servir óme aa Virgen ren non é...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: