O que en coita de morte

De Cancioneros Musicales Españoles
(Redirigido desde «O que en coita de mórte»)
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • O que en coita de morte
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 245
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for,
cham' a Virgen grorïosa, Madre de Nóstro Sennor.

Ca pola nóssa saúde prendeu dela carne Déus,
e por nós seermos salvos feze-a sobre los séus
córos dos ángeos reínna; e porend', amigos méus,
dereit' é que na gran coita valla ao pecador.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

E sobr' aquest' un miragre mui fremoso vos direi
que fez en riba de Limia a Madre do alto Rei,
en San Salvador da Torre, por un óm', e mui ben sei
que averedes fïança na Madre do Salvador.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

Entre Doir' e Minn' avía, no reino de Portugal,
tal tempo foi, roubadores que fazían muito mal,
escudeiros e peões, cavaleiros outro tal;
aquel que mẽos roubava, entr' eles éra peor.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

En aquel tempo morava un óme bõo alí
en San Salvador da Torre e, per quant' éu aprendí,
fazía ben sa fazenda servindo Déus, e des i
avía gran confïança na Madre do Salvador.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

Alí no adro avía ũa capéla entôn
da Santa Virgen, e sempre fazía sa oraçôn
est' óm' alí ameúde, des i mui de coraçôn
aquele logar onrrava con muita flemosa fror.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

O óme bõo avía nomeada que aver
avía grand'; e porende os que soían fazer
mal e roubavan a térra fôrono entôn prender
e, mao pecad', avían de o espeitar sabor.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

Metêrono en un barco e passárono alên,
e íano maltragendo que lles déss' algũa ren;
e no castélo de Nevia o meteron, e des ên
o que o peor julgava tiínna-s' ên por mellor.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

Muitas vezes açoutado, como contaron a min,
foi, e dizían: “Vilão, oge seerá ta fin
se nos non dás quant' ouvéres.” E jurou par San Martín
o alcaide que de cuita o faría sofredor.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

En un temôn o alcaide mui fórt' estirá-lo fez
e muita da agua fría deitar sobr' el essa vez,
e o córpo con feridas ja chus negr' éra ca pez,
e o alcaide dizendo: “Don vilão traedor,
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

Dizede que nos daredes, se non, a vóssa mollér
e os fillos prenderemos.” Ele diss' entôn: “Sennér,
mil sóldos de leoneses vos darei per quant' ouvér,
ca mais non soon atrevudo de dar, par Nóstro Sennor.”
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

Eles esto non quiséron e fôrono açoutar,
se poderían aínda del mais dinneiros levar;
e pois que o ben feriron, assentaron-s' a jantar;
todos a ũa fogueira sevéron a derredor.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

O óme bõo jazendo en coita mui grand' assaz,
diss': “Ai, Virgen grorïosa, guarda-m' oge, se te praz,
daquesta prijôn tan fórte en que o méu córpo jaz;
nembre-te se t' éu serviço fiz que foss' a ta loor.”
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

E el aquesto dizendo, ũa dona entôn entrou
per meógo do paaço, e cada un a catou;
mais sól falar non podéron, nen óme non s' abalou
que se levantar podésse, mais ouvéron gran pavor.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

E foi-se dereitamente, que todos a viron ir,
ao óm' e deslïó-o e disse: “Porque servir-
me sóes na mia capéla, porên te vin éu guarir
desta prijôn en que jazes tan fórt' e tan sen sabor.”
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

E filló-o pela mão mui manss' e mui sen afán
e levou-o perant' eles; e ben creede de pran
que óme non falou nada nen fezéron adamán
sól de ll' en ele travaren, e perderon a coor.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

E as pórtas do castélo fórtes, com' aprendí éu,
estavan mui ben fechadas; pero pelo poder séu
daquela que o levava abriron-s', e con el déu
na riba do río Limia e disse: “Méu servidor,
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

Entra no río e passa a alên, e acharás
as pórtas do mõesteiro sarradas; mas entrarás
per elas ousadamente e na eigreja marrás
e dirás est' aos frades todos e ao prïor.”
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

El ouv' espanto do río, non ousou i meter pé
e diz; “Sennor, muit' é alto, des i u mais baixo é
á i mais de déz braçadas ou doze, per bõa fé.”
Diss' ela: “Faz o que digo e non sejas dultador.”
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

E meteu-s' entôn a vao en aquel río medês,
que sól non ouv' i mollado pé, nen outro dano pres;
e ante que s' i metesse, disse-ll' ela entôn: “Ves,
de me fazeres serviço averás mais méu amor.”
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

El, pois ouv' alên passado, ante que vẽéss' a luz,
entrou dentro na igreja e deitou-s' ant' ũa cruz
e ant' ũa majestade da Sennor que nos aduz
quanto de ben nós avemos e nos é defendedor.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

Entraron entôn os frades nas matinas, e tafur
cuidaron entôn que éra e entrara per algur;
e maravillados éran, ca solamente un mur
alí entrar non podía, pero fosse furador.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

E disséron: “Tu que jazes, bon óm' e quen te meteu
en tal logar come este? Ben louco fust' e sandeu.”
Acordou, e o convento, des que o ben connoceu,
prougue-lle muito con ele. E el foi departidor
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

De quanto ll' entôn vẽéra, e jurou par San Dinís
que sempr' a Virgen servisse, pois a ela prougu' e quis
que de mal fosse livrado. E per mi seede fis
que fez pois ben sa fazenda e foi grand' esmolnador.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

O alcaid' entôn de Nevia con súa companna vil
viron que assí perderan o pres' e os sóldos mil,
e que assí ũa dona llo levara tan sotil-
ment', e viron que a Madre fora do Remiidor.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...

Ca ben lles diss' o convento a todos que a que sól
fazer aos pecadores que façan todos sa pról,
que fez aqueste miragre; porên se teve por fól
cada un e neún deles non foi depois malfeitor.
O que en coita de mórte mui grand' ou en prijôn for...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: