O que viltar quer a Virgen

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • O que viltar quer a Virgen
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 238
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou,
se pois del filla vinganç' a maravilla nono dou.

A Sennor que nos adusse salvaçôn e lum' e luz,
e que viu por nós séu Fillo mórte prender ena cruz,
des i ten-nos amparados do démo que nos non nuz;
en bõo día foi nado quena serviu e onrrou.
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

E desto vos direi óra ũa vengança que fez
Jesú-Crist' en Guimarães dun jograr mao rafez,
que el e sa Virgen Madre santa e o séu bon prez,
per que o mundo foi salvo, ante todos dẽostou.
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

Aqueste jograr jogava os dados, com' aprendí,
e descreía tan muito, que quantos seían i
foron ên tan espantados que se foron os mais d' i;
mais el de viltar a Virgen e Déus sól non s' enfadou.
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

Non quis catar o maldito como prendeu carne Déus
na Virgen e pois prendeü por el mórte dos judéus,
mais o coraçôn proposo e todos los sisos séus
en viltar Santa María, de que Déus carne fillou.
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

E dezía que non éra Déus nada neno séu ben,
e que o da Virgen fora chufa, ca non outra ren.
E el est' e mais dizendo, ei-vos un capelán ven
que levava Córpus Crísti a un que i enfermou
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

Na vila. E os gẽollos ficaron todos entôn
ant' aquel que da cadẽa nos foi tirar do dragôn;
e o jograr mal-andante cospiu e disse que non
vira gente tan bavéca, e mui mal os dẽostou.
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

O capelán, quand' oiü dizer mal do Salvador
do mundo, mui gran despeito ouve daquel traedor;
e pois se tornou du ía, diss' entôn: “Ai, pecador
d' óme, porquê dẽostavas óra o que te formou,
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

O que te fez de nïente e pois á t' a desfazer,
e no día do joízo estarás a séu poder,
cativ'? E non sabes esto, nen t' ar quéres connoscer
a aquel que do dïabo per séu sángui te livrou?
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

E da Virgen grorïosa te nembra, e ben farás,
e filla ta pẽedença por aquesto que dit' ás.”
El respondeu escarnindo: “Crérigo, que torp' estás!
O ben, de Déus e da Virgen renégu', e aquí me dou
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

Que non ajan en min parte e que xe me façan mal
e me metan, se podéren, dentro no fógu' infernal.”
Quand' est' o crérig' oiü, diss': “Ai, Grorïosa, val!
Déus fille de ti vingança, assí como se vingou
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

Do traedor Simôn Magos, encantador que viltar
foi assí Santa María e séu Fillo desdennar.”
Esto diss' o prést' e foi-s'; e o démo vẽo travar
eno jograr que vos dixe, e assí o apertou
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

Que o torceu entôn todo. E assí vingar-se quis
Déus por si e por sa Madre, e desto seede fis
que nunca mais falou nada; e porên, pa-San Dinís,
atanto o tev' o démo ta que ll' a alma sacou
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...

Do córpo e no inférno a foi lógo sobolir;
ca assí ir devería quen quér que foss' escarnir
da Virgen e do séu Fillo, que nos vẽo remĩir;
qual sennor ele serviü, assí llo gualardõou.
O que viltar quér a Virgen de que Déus carne fillou...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: