Porque trobar é cousa en que jaz

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Porque trobar é cousa en que jaz
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 429
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Porque trobar é cousa en que jaz
entendimento, porên queno faz
á-o d' aver e de razôn assaz,
per que entenda e sábia dizer
o que entend' e de dizer lle praz,
ca ben trobar assí s' á de fazer.

E macar éu estas dúas non ei
com' éu querría, pero provarei
a mostrar ende un pouco que sei,
confïand' en Déus, ond' o saber ven;
ca per ele tenno que poderei
mostrar do que quéro algũa ren.

E o que quéro é dizer loor
da Virgen, Madre de Nóstro Sennor,
Santa María, que ést' a mellor
cousa que el fez; e por aquest' éu
quéro seer oi mais séu trobador,
e rógo-lle que me queira por séu

Trobador e que queira méu trobar
receber, ca per el quér' éu mostrar
dos miragres que ela fez; e ar
querrei-me leixar de trobar des i
por outra dona, e cuid' a cobrar
per esta quant' enas outras perdí.

Ca o amor desta Sennor é tal,
que queno á sempre per i mais val;
e poi-lo gaannad' á, non lle fal,
senôn se é per sa grand' ocajôn,
querendo leixar ben e fazer mal,
ca per esto o pérd' e per al non.

Porên dela non me quér' éu partir,
ca sei de pran que, se a ben servir,
que non poderei en séu ben falir
de o aver, ca nunca i faliu
quen llo soube con mercee pedir,
ca tal rógo sempr' ela ben oiu.

Onde lle rógo, se ela quisér,
que lle praza do que dela dissér
en méus cantares e, se ll' aprouguér,
que me dé gualardôn com' ela dá
aos que ama; e queno soubér,
por ela mais de grado trobará.

MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: