Quen a Virgen ben servirá

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Quen a Virgen ben servirá
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 103
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Quena Virgen ben servirá
a Paraíso irá.

E daquest' un gran miragre vos quér' éu óra contar,
que fezo Santa María por un monge, que rogar
ll' ía sempre que lle mostrasse qual ben en Paraís' á
Quena Virgen ben servirá...

E que o viss' en sa vida ante que fosse morrer.
E porend' a Grorïosa vedes que lle foi fazer:
fez-lo entrar en ũa órta en que muitas vezes ja
Quena Virgen ben servirá...

Entrara; mais aquel día fez que ũa font' achou
mui crara e mui fremosa, e cab' ela s' assentou.
E pois lavou mui ben sas mãos, diss': “Ai, Virgen, que será
Quena Virgen ben servirá...

Se verei do Paraíso, o que ch' éu muito pidí,
algún pouco de séu viço ante que sáia daquí,
e que sábia do que ben óbra que galardôn averá?”
Quena Virgen ben servirá...

Tan tóste que acabada ouv' o monj' a oraçôn,
oiu ũa passarinna cantar lógu' en tan bon son,
que se escaeceu seendo e catando sempr' alá.
Quena Virgen ben servirá...

Atán gran sabor avía daquel cant' e daquel lais,
que grandes trezentos anos estevo assí, ou mais,
cuidando que non estevéra senôn pouco, com' está
Quena Virgen ben servirá...

Monj' algũa vez no ano, quando sal ao vergéu.
Des i foi-s' a passarinna, de que foi a el mui gréu,
e diz: “éu daquí ir-me quéro, ca oi mais comer querrá
Quena Virgen ben servirá...

O convent'.” E foi-se lógo e achou un gran portal
que nunca vira, e disse: “Ai, Santa María, val!
Non é est' o méu mõesteiro, pois de mi que se fará?”
Quena Virgen ben servirá...

Des i entrou na eigreja, e ouvéron gran pavor
os monges quando o viron, e demandou-ll' o prïor,
dizend': “Amigo, vós quen sodes ou que buscades acá?”
Quena Virgen ben servirá...

Diss' el: “Busco méu abade, que agor' aquí leixei,
e o prïor e os frades, de que mi agora quitei
quando fui a aquela órta; u séen quen mio dirá?”
Quena Virgen ben servirá...

Quand' est' oiu o abade, teve-o por de mal sen,
e outrossí o convento; mais des que soubéron ben
de como fora este feito, disséron: “Quen oïrá
Quena Virgen ben servirá...

Nunca tan gran maravilla como Déus por este fez
polo rógo de sa Madre, Virgen santa de gran prez!
E por aquesto a loemos; mais quena non loará
Quena Virgen ben servirá...

Mais d' outra cousa que seja? Ca, par Déus, gran dereit' é,
pois quanto nós lle pedimos nos dá séu Fill', a la fé,
por ela, e aquí nos móstra o que nos depois dará”.
Quena Virgen ben servirá...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: